Kosmos 135

Satélite artificial soviético.

Kosmos 135 (Космос 135 en ruso), tamén denominado DS-U2-MP Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 12 de decembro de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][6]

Kosmos 135
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento12 de decembro de 1966, 20:38 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da presenza e distribución dos micrometeoroides na órbita terrestre e realización de observacións astronómicas no rango da radiación gamma.[2][6]
Decaemento12 de abril de 1967[1]
NSSDC ID1966-112A
Masa355 kg[2][7]

Características editar

Kosmos 135 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-MP. Estaba adicado a facer observacións científicas relacionadas coa presenza de micrometeoroides na órbita terrestre e a facer observacións astronómicas no rango da radiación gamma. Foi seguido polo Kosmos 163. Kosmos 135 foi inxectado nunha órbita inicial de 662 km de apoxeo e 259 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 93,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 12 de abril de 1967.[1][3][7]

Kosmos 135 descartou a existencia dunha nube de po cósmico rodeando a Terra, hipotizada antes do seu lanzamento.[8]

Instrumentos editar

Kosmos 135 levaba a bordo, entre outros instrumentos, un espectrómetro centeleador de raios gamma de 64 canais composto por un cristal detector de 40 x 40 mm de ioduro de sodio completamente envolto por unha capa plástica de 5 mm de espesor para protexelo das partículas cargadas. O cristal estaba apuntado a un tubo fotomultiplicador e podía observar no rango entre 0,4 a 2,4 MeV. O conxunto detector estaba situado a 0,5 metros do corpo da nave. Os espectros gamma tomábanse cada 10 minutos.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 135" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 135" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 5 January 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (67-00391). 9 de xaneiro de 1967: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2015. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Kosmos 135" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-MP" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 NASA, ed. (2012). "The Cosmos series" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "DS-U2-MP" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  8. "COSMOS 135 FINDING" (PDF). 18 de xaneiro de 1968: 102. FLIGHT International. Consultado o 4 de novembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar