Os koori (termo procedente da palabra gurri en lingua awabakal) designa ó grupo de pobos aborixes australianos que tradicionalmente ocupaban os actuais estados de Nova Gales do Sur e Victoria.

Daguerrotipo (circa 1847) descrito como "grupo de homes koorie" pola National Gallery of Victoria.
Zona de Australia habitada polos koori

Trátase dun termo que foi adoptado por indíxenas australianos doutras áreas para referirse a si mesmos, polo que é unha palabra de uso común en moitas linguas aborixes.

Orixinalmente era unha palabra da costa norte de Nova Gales do Sur, rexistrada por primeira vez en 1834. O seu emprego espallouse alén do seu territorio habitual debido a que moitos indíxenas australianos rexeitan o uso do termo aborixe, que consideran unha imposición. Nalgunhas linguas do sueste de Australia, as palabras coorie, kori, kory, koorie, kuri, kooli ou koole significan "persoa" ou "xente". Nos anos 1960, a forma koori pasou a ser a máis usada polos indíxenas desas áreas para referirse a eles mesmos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar