Konstantin Tsiolkovskii

científico aeroespacial ruso e soviético e pioneiro da teoría astronáutica (1857-1935)
(Redirección desde «Konstantin Tsiolkovsky»)

Konstantin Eduardovich Tsiolkovskii (en ruso: Константин Эдуардович Циолковский) nado en Izhevskoe (Riazan) o 17 de setembro de 1857 e finado en Kaluga o 19 de setembro de 1935, foi un científico ruso, pioneiro na teoría da Astronáutica e impulsor teórico dos foguetes espaciais. As súas obras máis tarde inspiraron os principais enxeñeiros de foguetes como Sergey Korolev e Glushko Valentín e contribuíron ao éxito do programa espacial soviético.

Infotaula de personaKonstantin Tsiolkovskii

Konstantin Tsiolkovskii
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1857
Izhevskoe (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1935
Kaluga
Lugar de sepulturaKaluga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia Rusia
Unión Soviética Unión Soviética
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónVyatka men's gymnasium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porEcuación do foguete de Tsiolkovskii
Actividade
Campo de traballoAstronáutica
Lugar de traballo Borovsk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación , filósofo , astrónomo , científico , cosmólogo , físico , escritor , escritor de ciencia ficción , matemático , inventor , mestre Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeQ28357677
FillosQ15707329 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: cb04bb46-974b-4c78-87db-5f491adfa287 WikiTree: Циолковский-1 Find a Grave: 7493788 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nos seus primeiros anos viviu en Ryazan, ao sur de Moscova. Cando tiña 10 anos unha febre produciulle a perda completa da audición do oído esquerdo, o que o imposibilitou o resto da súa vida.

Aos 16 anos trasladouse a Moscova onde aprendeu por si mesmo matemáticas, mecánica analítica, astronomía física e química na biblioteca de Moscova.

En 1897 construíu o primeiro túnel de vento de Rusia, o que permitiu comprobar características aerodinámicas de modelos de aeronaves diferentes. A academia das ciencias outorgoulle diñeiro para construír un túnel de vento máis grande.

Inspirado pola novela Da terra á lúa de Jules Verne teorizou moitos aspectos dos viaxes espaciais e da propulsión de foguetes.

Está considerando o pai dos voos espaciais e a primeira persoa en concibir un ascensor espacial.[1]

Con 22 anos o Ministerio outorgoulle unha praza de mestre, profesión que exerceu ata a súa xubilación en 1920.

Publicacións científicas editar

 
Proxecto da primeira nave espacial por Konstantin Tsiolkovskii.

Gradualmente Tsiolkovskii foi centrar a súa atención nos voos espaciais e comezou a escribir sobre o espazo. O seu libro Грезы о Земле и небе, Greozy o zemie i Neve (Soños da Terra e do Ceo) foi publicado en 1895; o ano seguinte publicou un artigo sobre como comunicarse con seres doutro planeta.

En 1903 aparecía publicado no número cinco da revista Nauchnoe Obozrenie a súa Изследование мировых пространств реактивными приборами Izsledovanie mirobykh prostranstv reactivymi privorami ( Investigación do espazo por medio de motores de reacción) definindo os cálculos básicos dos voos espaciais modernos. Tsiolkovskii describiu en profundidade o uso de foguetes para o lanzamento de naves espaciais orbitais.

Estableceu a relación de masas dos foguetes e en consecuencia a fórmula fundamental da astronáutica. Propuxo o sistema de foguetes segmentados, aceptado universalmente, e a substitución do combustible sólido da época por propergol líquido, de maior rendemento.

A época entre 1910 e 1920 demostrou ser especialmente produtiva, publicou dez grandes obras que tentaban esclarecer a natureza dos corpos en órbita, o desenvolvemento de principios científicos de vehículos de reacción, deseño de estacións espaciais orbitais ou as viaxes interplanetarios.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar