Komodo

illa de Indonesia

Komodo é unha das 17.508 illas que compoñen a República de Indonesia. A illa é particularmente famosa como o hábitat do dragón de Komodo, o lagarto máis grande na terra, que leva o nome da illa. A illa de Komodo ten unha superficie de 390 quilómetros cadrados e unha poboación humana de máis de dous mil habitantes. O pobo da illa é descendente de ex convictos que foron exiliados á illa e que se mesturaron cos Bugis de Sulawesi.

Komodo
Vista aérea do norte da illa
Localización da illa
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ProvinciaNusa Tenggara Oriental
ArquipélagoIllas menores da Sonda
MarMar de Savu - mar de Flores (océano Índico)
Coordenadas8°55′S 119°45′L / -8.917, -119.750Coordenadas: 8°55′S 119°45′L / -8.917, -119.750
Xeografía
Superficie390 km²
Perímetro158 km
Punto máis altoMonte Satalibo (735 m)
Demografía
CapitalKomodo
Poboación2.000 hab.
Densidade5´13 hab./km²

Situación editar

Komodo está no medio do arquipélago de Sonda, entre o arquipélago veciño de Sumbawa ao leste e o de Flores ao leste. (8.55° S, 119.45° E), ten unha extensión de 390 quilómetros cadrados.

Habitantes editar

Os habitantes da illa, que suman 2000, descenden de antigos presos que foron exiliados, que se mesturaron cos Bugis de Célebes. A maioría da poboación practica o islam. Con todo tamén existe unha minoría cristiá e hindú.

Turismo editar

 
Dragón de Komodo.

Pertence ao arquipélago das illas menores da Sonda e forma parte do Parque Nacional de Komodo. Ademais, a illa é un destino popular para o mergullo. Administrativamente, forma parte da provincia de Nusa Tenggara oriental.

Desta illa provén o coñecido dragón de Komodo, un animal único no mundo que produce altos índices de turismo. Ademais, a illa é un destino popular entre os mergulladores. Administrativamente, forma parte de East Nusa Tenggara,