Klaus Wowereit

político alemán

Klaus Wowereit, nado en Berlín o 1 de outubro de 1953, é un político alemán do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). Desde o 16 de xuño de 2001 é o alcalde-presidente de Berlín e desde o 13 de novembro de 2009 é vicepresidente federal da SPD.

Infotaula de personaKlaus Wowereit

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha Editar o valor em Wikidata
Commissioner for Franco-German Cooperation (en) Traducir
2007 – 2010
President of the Bundesrat of Germany (en) Traducir
1 de novembro de 2001 – 31 de outubro de 2002
← Kurt Beck (pt) TraducirWolfgang Böhmer (pt) Traducir →
Governing Mayor of Berlin (en) Traducir
16 de xuño de 2001 – 11 de decembro de 2014
← Eberhard DiepgenMichael Müller (pt) Traducir →
Member of the Abgeordnetenhaus of Berlin (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBerlín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Libre de Berlín - xurisprudencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , escritor de non ficción , autobiógrafo , activista LGBT Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Alemaña (1972–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de marzo de 2012Eleição presidencial da Alemanha de 2012 (pt) Traducir
30 de xuño de 2010Eleição presidencial na Alemanha em 2010 (pt) Traducir
23 de maio de 2009Eleições presidenciais na Alemanha em 2009 (pt) Traducir
23 de maio de 2004Eleição presidencial da Alemanha de 2004 (pt) Traducir
list of participants in the coalition talks between the CDU/CSU and SPD in 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaJörn Kubicki (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura

Páxina webklaus-wowereit.de Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Klaus Wowereit creceu sen pai nunha familia católica en que era o máis novo de cinco irmáns (tres homes e dúas mulleres).[1] Na súa época de estudante realizou traballos a tempo parcial e axudou economicamente a un dos seus irmáns. Posteriormente, coidou durante anos de seu irmán, que quedara parapléxico por causa dun accidente, e mais de súa nai, enferma de cancro.[2]

Despois de estudar a secundaria na Ulrich-von-Hutten-Oberschule do distrito de Berlin-Lichtenrade e de pasar a selectividade en 1973, Wowereit comezou na Freie Universität Berlin os estudos de Dereito, que acabou en 1979 ao superar a primeira oposición (Staatsexam). Fixo as prácticas en diversos destinos, como o xulgado de primeira instancia de Tempelhof-Kreuzberg (Berlín), e en 1981 superou a segunda oposición. Despois accedeu a un posto de alto funcionario no departamento de Interior do senado (goberno do Land) de Berlín.

Wowereit está comprometido desde 1993 co neurocirurxián Jörn Kubicki, nado en 1965. Viven xuntos desde 2005.[2][3]

Cargos públicos e mandatos editar

 
Klaus Wowereit (2º pola dereita) en 1991 durante a súa época de concelleiro

En 1979 Wowereit accedeu a un posto de edil na asemblea municipal do distrito de Berlin-Tempelhof, ata que aos 31 anos, en 1984, foi elixido concelleiro de Educación e Cultura de Tempelhof, co que se converteu no concelleiro máis novo do Berlín da época.

Renunciou ao cargo en 1995 despois de ser elixido deputado na cámara parlamentaria de Berlín, onde comezou co posto de vicepresidente do grupo parlamentario da SPD. Máis tarde, en 1991, foi elixido presidente do grupo.

Nos comezos da década seguinte, o estoupido dun grande escándalo inmobiliario e financeiro relacionado coa quebra da Bankgesellschaft Berlin —un holding de entidades bancarias públicas e privadas de carácter local[4]— tivo diversas consecuencias: unha situación de emerxencia orzamentaria do estado de Berlín, a ruptura da coalición da SPD coa CDU de Eberhard Diepgen —daquela alcalde-presidente da cidade— e a elección de Klaus Wowereit o 16 de xuño de 2001 como sucesor de Diepgen no goberno local, cos votos da SPD, da PDS (hoxe integrada en Die Linke) e da Alianza 90/Os Verdes. Wowereit foi o encargado de conformar, antes da celebración das seguintes eleccións anticipadas, un senado de Berlín composto pola SPD e Os Verdes e tolerado pola PDS. Nas eleccións anticipadas do 21 de outubro de 2001, a SPD berlinesa foi a primeira forza política pola primeira vez en 30 anos, tras conseguir un 29,7% dos votos e un crecemento do 7,3%. Fronte a iso, a CDU, con Frank Steffel como candidato, afundiuse un 17% e acadou o 23,8% dos sufraxios. Desde xaneiro de 2002, Wowereit preside un senado gobernado pola coalición da SPD coa PDS (actualmente Die Linke).

 
Klaus Wowereit (no centro) en xullo de 2006, no comezo das obras do complexo Upper East Side Berlin

O 20 de maio de 2006, con só dúas abstencións entre os votos de 200 delegados do congreso local da SPD, Wowereit volveu ser elixido candidato do partido para as eleccións do 17 de setembro de 2006 á cámara parlamentaria de Berlín. A SPD gañou os comicios cun 30,8% dos votos, mentres que a CDU de Friedbert Pflüger acadou un 21,3%. O 23 de novembro de 2006, o parlamento de Berlín volveu escoller a Wowereit —-na segunda rolda de sufraxio e cun voto de diferenza— como alcalde-presidente da cidade. Des daquela, tamén asumiu o cargo de senador de Cultura, do que se xubilara Thomas Flierl.

Wowereit foi membro do consello de radiodifusión da emisora SFB.

Partido editar

Wowereit afiliouse á SPD cando estudaba secundaria. Na época universitaria adheriuse á federación rexional berlinesa dos Jusos (xuventudes da SPD).

Como alcalde-presidente, Klaus Wowereit é integrante da xunta directiva da federación berlinesa da SPD. Tras a renuncia de Peter Strieder á presidencia da devandita federación, Wowereit refusou ocupar o posto e cedeullo a Michel Müller.

O 13 de novembro de 2009, durante o congreso federal da SPD, foi elixido como un dos catro vicepresidentes do novo líder do partido, Sigmar Gabriel.

Política editar

Por mor da crítica situación financeira de Berlín no momento da súa chegada ao cargo de alcalde-presidente, Wowereit e mais Thilo Sarrazin, o seu senador de Finanzas da época, estableceron desde o comezo unha ríxida política de aforro que non renunciaba aos recortes sociais. As partidas en que máis se recortou foron as de persoal, especialmente as do funcionariado. O papel da cidade de Berlín como contratadora desapareceu da patronal pública e, ademais, a xornada laboral dos funcionarios foi aumentada.

En agosto de 2006 Wowereit anunciou que no futuro íase implicar máis na política federal.[5]. Nunha entrevista realizada en novembro de 2009 a Sigmar Gabriel, presidente da SPD, este non descartaba unha candidatura de Klaus Wowereit para a Chancelaría nas eleccións da 18ª lexislatura do Parlamento alemán, previstas para 2013.[6]

 
Klaus Wowereit (no centro) en 2008, na inauguración do monumento aos homosexuais perseguidos no Nacionalsocialismo, en Berlín.

Malia que a popularidade de Wowereit nas enquisas de 2006 en Berlín era moi alta[7][8], a súa reputación foi empeorando nos anos seguintes. Nunha enquisa de 2009 do Forsa-Institut, as decisións políticas coetáneas de Wowereit eran rexeitadas pola maioría da poboación berlinesa. Así, Wowereit impediu por razóns tácticas a celebración conxunta do referendo Pro Reli —que partira dunha iniciativa lexislativa popular berlinesa para que o ensino da relixión nas escolas puidese ser unha alternativa á materia obrigatoria de Ética[9]— coas eleccións ao Parlamento europeo de 2009, efectuadas só dous meses despois; isto supúxolles aos orzamentos de Berlín un custo adicional de 1,5 millóns de euros. Pola mesma, un 74% dos berlineses inquiridos consideraban errada a decisión de Wowereit de alugarlle os edificios e terreos do antigo aeroporto de Tempelhof á feira de moda urbana Bread&Butter[10]

En febreiro de 2010, nunha enquisa do Forsa-Institut entre a poboación berlinesa, tanto o coñecemento como a popularidade de Wowereit marcaron índices aínda peores. Amais da xestión deficiente das restricións de 2009 e 2010 nos S-Bahn (trens metropolitanos) berlineses[11], tamén se lle atribúe unha intervención titubeante e comentarios despectivos no caso do caos provocado polo xeo en Berlín en febreiro de 2010. As deficiencias na retirada de xeo das beirarrúas da cidade provocaron fracturas óseas e outras lesións; perante a indignación dos berlineses, Wowereit fixo un comentario considerado obsceno —"estamos en Berlín, non en Haití"— co que aludía ao terremoto de Haití de 2010, que causara 300 000 vítimas mortais.[12][13]

Xa hai tempo que nas filas dos seu propio partido tamén se lle recrimina que goberne cada vez con menos entusiasmo e que desatenda proxectos importantes do senado de Berlín.[14]

Tras a designación de Renate Künast como candidata da Alianza 90/Os Verdes ás eleccións para o parlamento de Berlín de 2011, durante un tempo as enquisas de popularidade situaron a Wowereit por abaixo da súa contendente. Porén, o alcalde non só conseguiu remontar ata empatar nas enquisas, senón que chegou a lograr unha clara vantaxe.[15]

Presidencia do Senado alemán editar

Do 1 de novembro de 2001 ao 31 de outubro de 2002, Wowereti foi presidente do Senado alemán.

Durante o seu período no cargo tomouse a controvertida decisión sobre a lei de inmigración, en que Wowereit tivo un papel central: cando a delegación brandemburguesa emitiu un voto irregular, Wowereit non rexistrou a votación como nula, senón que seguiu preguntando ata que se pronunciou o presidente do estado de Brandemburgo, Manfred Stolpe, que apoiaba a lei. A continuación, Wowereit rexistrou os votos de Brandemburgo como favorables, o que desencadeou fortes protestas por parte dos estados gobernados pola Unión (a suma da CDU e mais a CSU).[16] A lei foi aprobada cos votos de Brandemburgo, pero nunha sentenza do 18 de decembro de 2002 o Tribunal Constitucional de Alemaña acabou declarando a súa nulidade por mor destas irregularidades no proceso.

Distincións (resumo) editar

Notas editar

  1. ALBERTI, STEFAN e HEISER, SEBASTIAN: "Ich will die Kirchen als Partner behalten" Arquivado 05 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Die Tageszeitung, 26/03/2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  2. 2,0 2,1 "Der und-das-ist-auch-gut-so"-Mann". Stern, 39/2007, páxinas 30-38. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  3. MATTHIES, BERND: "Ein Bürgermeister zum Kuscheln". Der Tagesspiegel, 19/09/2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  4. Berliner Bankenskandal, na Wikipedia alemá. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  5. RADA, UWE: "Klaus Wowereit hat die Wahl". Die Tageszeitung, 26/08/2006. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  6. "Gabriel: SPD muss 2011 stärker sein. Interview mit dem neuen Parteichef". Der Tagesspiegel, 16/11/2009. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  7. HINTZMANN, KARSTEN: "Wowereit deutlich vor Pflüger" Arquivado 12 de marzo de 2007 en Wayback Machine.. Berliner Morgenpost, 06/03/2006. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  8. "CDU-Spitzenkandidat Pflüger immer unbeliebter" Arquivado 05 de xullo de 2006 en Wayback Machine.. Netzeitung.de Arquivado 14 de abril de 2010 en Wayback Machine., 23/06/2006. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  9. Pro Reli na Wikipedia alemá. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  10. SCHOMAKER, GILBERT: "Berliner stimmen gegen Wowereits Alleingänge" Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.. Berliner Morgenpost, 06/03/2009. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  11. [[:w:de:Geschichte der Berliner S-Bahn#Ausf.C3.A4lle 2009.2F2010|Ausfälle 2009/2010 Información na Wikipedia alemá sobre as restricións no S-Bahn (servizo ferroviario metropolitano) de Berlín en 2009 e 2010. (en alemán)]]
  12. ROGALLA, THOMAS:"Wowereit bricht ein"[Ligazón morta]. Berliner Zeitung, 01/03/2010, ISSN 0947-174X. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  13. MÜLLER, INGRID: "Berlin ist nicht Haiti". Der Tagesspiegel, 12/02/2010. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  14. MEDICK, VEIT: "Klaus Wowereit – Klatsche für den Überflieger". Spiegel Online, 09/10/2009. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  15. BerlinTrend Januar 2011 - Gráfica de evolución da intención de voto Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. RBB online, 13/01/2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. (en alemán)
  16. "Wortlaut der Debatte über das Zuwanderungsgesetz". Glasnost.de, 26/03/2002. Consultado o 02/02/2011. (en alemán)
  17. [1] Arquivado 08 de outubro de 2009 en Wayback Machine. "Freedom’s Challenge Awards", 8 de novembro de 2009, Atlantic Council.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Klaus Wowereit, Hajo Schumacher: … und das ist auch gut so. Mein Leben für die Politik. Blessing, München 2007, ISBN 978-3-89667-334-3
  • DNB-Portal 128407360

Ligazóns externas editar