Este artigo trata sobre a froita, para máis información sobre a planta véxase: kiwi (planta).

O kiwi é a froita da planta do mesmo nome (Actinidia deliciosa) que medra en climas temperados. Debe o seu nome a unha remota similitude de aspecto entre o froito de orixe chinesa e a ave neozelandesa chamada kiwi. O froito cuberto de micropelos pode evocar a curiosa e típica plumaxe desta ave.

Cómpre salientar que o cultivo do kiwi aclimatouse moi ben en Galiza e é unha froita que raramente precisa de produtos contra pragas ou fitosanitarios, polo que pode cultivarse de maneira ecolóxica facilmente (para cultivo véxase artigo kiwi (planta)).

Clasifícase botanicamente coma unha baga oval duns 6,25 cm de longo, coa pela magra de cor verde acastañada e densamente cuberta duns peliños rexos e curtos de cor marrón. A polpa, firme até madurar completamente, é normalmente de cor verde brillante zumarenta e con diminutas sementes negras dispostas arredor dunha cor abrancazada. Tamén hai variedades de kiwi coa polpa de cor alaranxada.

Ten un sabor subacedo a bastante acedo, semellante ao da grosella ou do amorodo.

Adoita ser un alérxeno frecuente, especialmente a pela.

A maduración da froita en Galiza dáse a principios de abril.

Produción editar

En España cultívanse unhas 1.200 ha, cunha produción de 25.700 Tm. A produción en Galiza é de 22.000 Tm. Tamén hai algunhas plantacións en Asturias, o País Vasco, Navarra, Cataluña e a Comunidade Valenciana. Consumo de kiwi en España: 151.849 Tm (importacións: 124.000 Tm; exportacións: 11.400 Tm).[1]

Para máis información sobre a produción do kiwi, véxase artigo Kiwi (planta).

Conservación do froito editar

Para a conservación industrial dos froitos en estado fresco, requírese sometelos a unha temperatura de 0 °C, con humidade relativa de 90-95 %, suplementadas con atmosferas controladas ou outras tecnoloxías.[2][3] O 1-metilciclopropeno favorece a conservación da firmeza do froito, xa for que o tratamento se realice antes da introdución en cámara fría, xa for que se efectúe durante o período de conservación.[4] Isto débese a que o kiwi é moi sensíbel á presenza de etileno, e o 1-metilciclopropeno inhibe a percepción do etileno por parte do froito.[5]

En cámara fría, a vida destes froitos pode durar entre 3 e 5 meses,[3] dependendo das variedades cultivadas. En caso de utilización das atmosferas controladas, recoméndanse niveis de osíxeno de 1-2 % e niveis de CO2 de 3-5 %.[2][3]

Información nutricional editar

Kiwi zespri sunGold, cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía262 kJ (63 kcal)
15.8 g
Azucres12.3 g
Fibra alimentaria1.4 g
0.28 g
1.02 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
24 μg
Tiamina (B1)
0%
0 mg
Riboflavina (B2)
6%
0.074 mg
Niacina (B3)
2%
0.231 mg
Ácido pantoteico (B5)
2%
0.12 mg
Vitamina B6
6%
0.079 mg
Ácido fólico (B9)
8%
31 μg
Vitamina B12
3%
0.08 μg
Colina
0%
1.9 mg
Vitamina C
194%
161.3 mg
Vitamina E
9%
1.4 mg
Vitamina K
6%
6.1 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
17 mg
Cobre
8%
0.151 mg
Ferro
2%
0.21 mg
Magnesio
3%
12 mg
Manganeso
2%
0.048 mg
Fósforo
4%
25 mg
Potasio
7%
315 mg
Selenio
1%
0.4 μg
Sodio
0%
3 mg
Cinc
1%
0.08 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga82 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Kiwi verde, cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía255 kJ (61 kcal)
14.66 g
Azucres8.99 g
Fibra alimentaria3 g
0.52 g
1.14 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
122 μg
Tiamina (B1)
2%
0.027 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.025 mg
Niacina (B3)
2%
0.341 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.183 mg
Vitamina B6
5%
0.063 mg
Ácido fólico (B9)
6%
25 μg
Vitamina B12
0%
0 μg
Colina
2%
7.8 mg
Vitamina C
112%
92.7 mg
Vitamina E
10%
1.46 mg
Vitamina K
38%
40.3 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
3%
34 mg
Cobre
7%
0.13 mg
Ferro
2%
0.31 mg
Magnesio
5%
17 mg
Manganeso
5%
0.098 mg
Fósforo
5%
34 mg
Potasio
7%
312 mg
Selenio
0%
0.2 μg
Sodio
0%
3 mg
Cinc
1%
0.14 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga83 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O kiwi é unha froita considerada cun alto contido de vitamina C (cabe salientar que o kiwi é a froita con máis vitamina C do mundo[Cómpre referencia]) e E. É baixa en colesterol. Produce efectos anticanceríxenos, ten capacidade antioxidante e antiinflamatoria, mellora o sistema inmunolóxico e aumenta as defensas no organismo. Achega outros nutrientes esenciais para o organismo coma fosfato, magnesio e cobre.

Cada 100 gramos achegan soamente 46 quilocalorías; 1 gr de proteínas; 0,6 g de graxas; 8,5 g de carbohidratos; 3,2 g de fibra; 40 mg de calcio; 31 mg de fósforo; 0,5 mg de ferro; 4 mg de sodio; 370 mg de caroteno e vitaminas (B1: 17 mg; B2: 50 mg; B3: 410 mg; B6: 120 mg; C: 70 mg; E: 930 mg); 295 mg de potasio; 330 mg de iodo; e 15 mg de magnesio.

A luteína é un composto fitoquímico que reduce o risco de cancro, enfermidades cardíacas e dexeneración macular e cataratas, ambas causas importantes de cegueira. Ademais, o kiwi contén moita fibra solúbel(diabetes, trastornos cardíacos) e insolúbel (cancro de colon, estrinximento e diverticulite). O cobre é vital para o crecemento dos nenos, fortalece os ósos e fai desenvolver o cerebro e o sistema inmunitario. Ten máis potasio que a banana e controla a presión sanguínea, controla a actividade do corazón e mantén o equilibrio dos fluídos.[6]

Notas editar

  1. Presentación sobre o cultivo do kiwi - http://www.fundacionruralcaja.es/es/pdf/curso-cultivos-alternativos-y-control-calidad/cultivo-kiwi-granado/cultivo-kiwi-granado.pdf[Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 Kader, Adel A., ed. (2002). Postharvest Technology of Horticultural Crops (3ª ed.). Oakland, California: University of California, Agriculture and Natural Resources, Publication 3311. p. 515. ISBN 1-879906-51-1. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Sozzi, G.O. Árboles frutales. Ecofisiología, cultivo y aprovechamiento. Bos Aires: Facultad de Agronomía. p. 780. ISBN 950-29-0974-7. 
  4. Boquete, E.J.; Trinchero, G. D.; Fraschina, A. A.; Vilella, F.; Sozzi, G. O. (2004). "Ripening of 'Hayward' kiwifruit treated with 1-methylcyclopropene after cold storage". Postharvest Biology and Technology 32 (1): 57–65. 
  5. Ilina, N.; Alem, H., Pagano, E.; Sozzi, G. O. (2010). "Suppression of ethylene perception after exposure to cooling conditions delays the progress of softening in 'Hayward' kiwifruit". Postharvest Biology and Technology 55 (3): 160–168. 
  6. "Kiwi (froita) en Plantas útiles". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 15 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar