O Kitchee Sports Club é un equipo de fútbol de Hong Kong que xoga na Primeira División de Hong Kong da que foi campión na tempada 2011-2012.
Foi fundado en 1931 e é un dos clubs máis antigos da rexión. Está adestrado polo catalán Josep Gombau e nos últimos anos teñen xogado nel varios futbolistas galegos, como Dani Cancela, Yago González, Pablo Couñago e Roberto Losada, así coma outros españois.
Losada foi o capitán na súa derradeira tempada como xogador, antes de retirarse e pasar a formar parte do corpo técnico do equipo[1].
- Primera División de Hong Kong
- Títulos (9):
- 1947–48, 1949–50, 1963–64, 2010–11, 2011-12, 2013–14, 2014–15, 2016–17, 2017–18
- Sub-campionatos (8):
- 1952–53, 1954–55, 1956–57, 2003–04, 2006–07, 2008–09, 2012–13, 2015–16
- Hong Kong Senior Challenge Shield
- Títulos (5):
- 1949–50, 1953–54, 1959–60, 1963–64, 2005–06
- Finalistas (5):
- 1948–49, 1951–52, 1955–56, 2007–08, 2009–10
- Títulos (1):
- 2012-12
- Finalistas (1):
- 2003–04
- Copa da Liga de Hong Kong
- Títulos (3):
- 2005–06, 2006–07, 2011-2012
- Hong Kong Community Shield
- Títulos (1):
- 2009
Véxase tamén
editar