Coordenadas: 19°25′16″N 155°17′12″O / 19.421097, -155.286762

O Kilauea[1] é un dos volcáns máis activos do planeta, situado na parte sur da illa de Mauna Loa (Hawai), pertencente aos Estados Unidos de América.

O volcán Kilauea, en Hawai.

Características editar

O edificio volcánico ten unha altura de 1247 m[2] e a caldeira unha profundidade de 165 m e un diámetro entre 3 e 5 Km. Este volcán está monitorizado desde o Observatorio Volcánico de Hawai. A súa última erupción ocorreu o 22 de abril de 2004. En decembro de 2005 unha parede de rochas esborrallouse, causando un abismo de 18 metros á beira do mar e un río de lava do Kilauea, que formou unha plataforma que dá continuidade ao continente. A caída de lava e rochas foi a maior xa rexistrada no Kilauea desde que entrou en erupción, en 1983.

O 20 de decembro de 2020 comezou unha nova erupción,[3] e en 2023 tivo varias.[4]

Os nativos consideran este volcán como o lar da deusa Pele, deusa do lume.

Notas editar

  1. O volcán Kilauea está a facer que chovan estas asombrosas xemas Arquivado 30 de xuño de 2018 en Wayback Machine., GCiencia, 14 de xuño de 2018.
  2. "DATASHEETS". www.ngs.noaa.gov. Consultado o 2020-12-22. 
  3. credited, Source: As (2020-12-21). "Kilauea volcano erupts on Hawaii's Big Island – video report". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-12-22. 
  4. "Impresionantes imágenes de la erupción del volcán Kilauea". La Vanguardia (en castelán). 12 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar