Kigali é a capital e a cidade máis poboada da república africana de Ruanda. Ademais constitúe unha provincia coa súa propia estrutura administrativa. Está situada no centro do país, do que é o núcleo cultural e económico. A súa poboación, consonte estimacións do ano 2005, calculábase que superaba os 850.000 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaKigali
Imaxe

Localización
Mapa
 1°57′13″S 30°03′38″L / -1.9536, 30.0606Coordenadas: 1°57′13″S 30°03′38″L / -1.9536, 30.0606
EstadoRuanda
Província (pt) TraducirKigali province (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.156.663 (2019) Editar o valor em Wikidata (1.584,47 hab./km²)
Xeografía
Superficie730 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRuganwa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude1.567 m Editar o valor em Wikidata
Creación1907 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPudence Rubingisa (pt) Traducir (2019–2023) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2RW-01 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webkigalicity.gov.rw Editar o valor em Wikidata
Twitter: CityofKigali Editar o valor em Wikidata

Todos os despachos oficiais estatais, incluída a sede da presidencia e do Goberno e máis todos os Ministerios teñen a súa residencia na cidade. Ademais a cidade de Kigali constitúe de seu unha provincia.

Historia editar

Fundada no 1907 durante o dominio colonial alemán, a cidade só atinxiu o grao de capital de Ruanda con ocasión da independencia do país, obtida en 1962. Nos tempos do reino mwami a capital estaba localizada en Nyanza, en tanto na época colonial tiña a súa sede en Butare, localidade hoxe denominada Astrida. Na época da independencia de Ruanda, pensouse nun primeiro momento en escoller de novo Butare como capital, mais tamén en Kigali, que tiña a vantaxe de se atopar xeograficamente no centro do país: desde aquela a cidade acabou por tornarse o principal centro de Ruanda e acabou por ser a capital de facto.

A partir do 7 de abril de 1994, Kigali foi un dos escenarios do terríbel xenocidio causado pola rivalidade secular entre Hutu e Tutsi, na que terminaron mortos centos de miles de persoas. Logo da guerra civil comezou unha reorganización da cidade dentro do proxecto de pacificación do país.

Xeografía editar

Kigali áchase nun altiplano cheo de outeiros con alturas variábeis de entre 1.433 e 1.645 metros. Os edificios administrativos adoitan situarse nas abas e cimas, en tanto as edificacións de vivendas acostuman localizarse nos vales. O pico máis alto da cidade é o monte Kigali, con 1850 m.s.n.m.. As coordenadas da cidade son 1º 56' 38" S e 30º 03' 34" L.

Clima editar

Pola súa situación o clima que lle correspondería debería ser ecuatorial, porén está suavizado pola altura e máis pola influencia do monzón que procede do leste, do océano Índico. As precipitacións medias non chegan aos 1.000 mm, distribuíndose as chuvias durante unha longa estación chuviosa que se estende entre setembro e maio. A temperatura media anual é de algo máis de 20 °C.

 
Climodiagrama de Kigali

Economía editar

Nas proximidades da cidade extráese estaño e tungsteno. Como a economía ruandesa está a atravesar unha época de medra, na cidade estanse a levantar novos e numerosos edificios. Con todo no territorio urbano, e a consecuencia da guerra civil pasada están presentes moitas ONG.

Transportes editar

Kigali posúe un aeroporto internacional, con voos diarios até Nairobi, e menos frecuentes para Addis Abeba e Xohanesburgo. Semanalmente hai un voo para Ámsterdam. Dentro do país só hai comunicación aérea con Cyangugu, no extremo suroeste.

Galería editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar