Kevin Séraphin

baloncestista francés
(Redirección desde «Kevin Seraphin»)

Kevin Séraphin, nado o 7 de decembro de 1989 en Cayenne, Güiana Francesa é un ex xogador francés de baloncesto profesional.

Kevin Séraphin
Información persoal
Nacemento 7 de decembro de 1989 (34 anos)
Cayenne, Güiana
Nacionalidade Francia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 126 kg (278 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Chicago Bulls
Carreira 2007–2020
Historial de equipos
Cholet Basket (2007–2010)
Washington Wizards (2010–2015)
Baskonia (2011)
New York Knicks (2015–2016)
Indiana Pacers (2016–2017)
FC Barcelona (2017–2019)

Traxectoria profesional editar

Séraphin comezou a xogar ao baloncesto en 2004.[1] Entrou na academia de xuvenís do Cholet Basket en 2006 antes de unirse ao primeiro equipo e facer o seu debut profesional na tempada 2008-09 co Cholet Basket na Pro A League. En 69 partidos co Cholet, fixo 4.56 puntos e 3.52 rebotes en 12.6 minutos de xogo, entre as tres competicións que disputaba o equipo.[2]

Foi elixido na 17ª posición do draft da NBA de 2010 polos Chicago Bulls. O 8 de xullo de 2010, Séraphin foi traspasado aos Washington Wizards xunto a Kirk Hinrich nun intercambio polos dereitos de Vladimir Veremeenko.[3]

Selección nacional de Francia editar

Séraphin foi chamado para o equipo nacional sub-20 para xogar con Francia o Campionato de Europa da FIBA do ano 2009, e axudou á súa selección a gañar a medalla de prata.

Notas editar

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2011. Consultado o 16 de maio de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2011. Consultado o 16 de maio de 2011. 
  3. "Wizards Acquire Kirk Hinrich and Draft Rights to Kevin Seraphin From Chicago". NBA.com. Consultado o 2010-07-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar