Kenzō Tange

arquitecto xaponés

Kenzō Tange (丹下健三, Tange Kenzō), nado en Sakai o 4 de setembro de 1913 e finado en Toquio o 22 de marzo de 2005, foi un arquitecto xaponés gañador do Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1987. Foi un dos máis significativos arquitectos do século XX, mesturando o estilo tradicional xaponés co modernismo, e deseñando edificios monumentais ao longo de todo o mundo.

Kenzō Tange
Nacemento4 de setembro de 1913
Lugar de nacementoSakai
Falecemento22 de marzo de 2005
Lugar de falecementoMinato
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeXapón
RelixiónIgrexa católica
Alma máterTokyo Imperial University, Universidade Nihon, Hiroshima High School (old system) e Ehime Prefectural Imabari Nishi High School
Ocupaciónarquitecto, urbanista e profesor universitario
Coñecido porYoyogi National Gymnasium, Nippon Gaishi Hall, Estadio Olímpico de Toquio e Singapore Indoor Stadium
PremiosPremio Pritzker, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Medalla de Ouro do RIBA, Orden da Cultura, comendador da Lexión de Honor, Praemium Imperiale, Pessoa de Mérito Cultural, Grand Officer of the Order of the Sun of Peru‎, honorary doctor of the University of Hong Kong, Asahi Prize, Medalla de Ouro do AIA, AIJ Prize e Order of the Sacred Treasure, 1st Class
Na rede
https://www.tangeweb.com/
Find a Grave: 10652910 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

No ano 1949 gañou a competición do redeseño de Hiroshima, logo da bomba atómica no ano 1945. O seu deseño para o Parque da Paz e o Memorial da Paz lembran moito a Le Corbusier, e son chamados moitas veces como "o corazón espiritual da cidade". Unha das razóns polas que fixo o proxecto foi que el estudara nesa cidade na súa xuventude.

Tange gañou fama e recoñecemento internacional polo seu deseño do ximnasio para os Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio. Unha referencia do Premio Pritzker descríbeo como "un dos edificios máis bonitos do século XX". Tamén foi coñecido polo seu "Plan para Toquio" no 1960, no cal fixo unha proposta radical para o redeseño da cidade. Aínda que non foi aplicado na súa totalidade, marcou moita influencia en arquitectos de todo o mundo.

No ano 2005, o seu funeral foi realizado nun dos seus traballos, a Catedral de Toquio.

Principais proxectos editar

  • Parque da Paz de Hiroshima (1955)
  • Edificio Gobernamental da prefectura de Kagawa, Takamatsu (1958)
  • Catedral da Santa María de Toquio (1964)
  • Yoyogi, Ximnasio Nacional para os Xogos Olímpicos de 1964 (1964)
  • Localización da Expo '70, Suita, Osaca (1970)
  • Hanae Mori Edificio Aoyama, Toquio (1979)
  • Universidade Tecnolóxica de Nanyang (1986)
  • Edificio do Goberno Metropolitano de Toquio, Shinjuku (1991)
  • Edificio da Televisión Fuji, Odaiba, Toquio (1996)
  • WKC Centro de denselvolvemento da Saúde, Kobe (1998)
  • Hotel Tokyo Dome (2000)
  • Hwa Chong Institution Boarding School, Singapur (2005)

Galería editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar