Kendrick Nunn

baloncestista estadounidense

Kendrick Melvin Nunn, nado o 3 de agosto de 1995 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Panathinaikos BC grego.

Kendrick Nunn
Panathinaikos  – No. 25
Información persoal
Nacemento 3 de agosto de 1995 (28 anos)
Illinois Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Base
Información da carreira
Instituto Simeon Career Academy
(Chicago, Illinois)
Universidade Illinois (2013–2016)
Oakland (2017–2018)
NBA Draft 2018 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2018
Historial de equipos
Santa Cruz Warriors (2018–2019)
Miami Heat (2019–2021)
Los Angeles Lakers (2021–2023)
Washington Wizards (2023)
Panathinaikos (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2018, Nunn asinou cos Golden State Warriors, cos que xogou a Liga de Verán da NBA de 2018 e participou nos adestramentos de pretempada.[1] O 12 de outubro de 2018, os Warriors cortaron a Nunn sen chegar a debutar en partido oficial.[2] O 22 de outubro de 2018, Nunn asinou cos Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA G League.[3]

O 10 de abril de 2019, Nunn asinou cos Miami Heat.[4] Debutou na NBA cos Heat o 23 de outubro de 2019, facendo 24 puntos, 3 asistencias, 2 rebotes e 2 roubos de balón na vitoria de Miami por 120–101 contra os Memphis Grizzlies.[5] Na súa tempada coma rookie, foi elixido coma Rookie do Mes da Conferencia Leste en tres ocasións,[6] participou no Rising Stars Challenge de 2020,[7] e rematou na segunda posición na votación ó Rookie do Ano da NBA.[8]

O 6 de agosto de 2021, Nunn asinou cos Los Angeles Lakers.[9]

Notas editar

  1. "Kendrick Nunn agrees to partially guaranteed deal with Warriors". 247sports. 22 de xuño de 2018. Consultado o 22 de xuño de 2018. 
  2. "Warriors Waive Davis, House Jr., Nunn and Ulis". NBA.com. 12 de outubro de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  3. "Santa Cruz Warriors Announce 2018 Training Camp Roster & Schedule". NBA.com. 22 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  4. "HEAT Signs Kendrick Nunn". NBA.com. 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  5. "Butler misses Miami debut, Heat beat Grizzlies 120-101". ESPN.com. 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  6. "Nunn Wins Third Straight Rookie of the Month Award". NBA.com. 4 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  7. "NBA All-Stars Luka Doncic and Trae Young headline U.S. vs. World showdown in 2020 NBA Rising Stars". NBA.com. 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  8. "Ja Morant, Zion Williamsom headline 2019-20 Kia All-Rookie First Team Tyler Herro, Rui Hachimura voted to Second Team". NBA.com. 15 de setembro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  9. "Lakers Sign Kendrick Nunn". NBA.com. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar