Kaworu Nagisa

personaxe de Neon Genesis Evangelion

Kaworu Nagisa (en xaponés: 渚 カヲル Hepburn: Nagisa Kaoru?), cuxo nome real era Tabris (タブリス Taburisu?), é un personaxe de ficción da franquía Neon Genesis Evangelion. É o quinto neno e décimo sétimo Anxo, Tabris. É enviado a Nerv por Seele en substitución da piloto da Unidade 02 logo de que a sincronización de Asuka Langley Soryu caese en picado. Kaworu Nagisa entra na Terminal Dogma para regresar con Adán, pero pouco despois descobre que en realidade o ser que está alí é en realidade Lilith, polo cal lle pide a Shinji Ikari que o destrúa. Aparece en Evangelion: O final de Evangelion durante o Terceiro Impacto, comunicándose con Shinji como Adán xunto con Rei como Lilith no que respecta á elección de aceptar ou rexeitar a Instrumentalidade.

Kaworu Nagisa
渚 カヲル
Personaxe de Neon Genesis Evangelion
Primeira aparición "Episodio 24"
Creador(es) Hideaki Anno
Yoshiyuki Sadamoto
Voz orixinal Akira Ishida
Información
Alcume Quinto neno
Raza Anxo
Sexo Masculino
Nacemento 13 de setembro de 2000

Malia que aparece durante moi pouco tempo na serie (aparece en só dous episodios antes do final, e é mencionado no episodio seguinte), Kaworu converteuse nun personaxe popular e recoñecíbel, en parte debido ó seu atractivo sexual.[1] Un enquisa de Newtype de 2010 clasificouno como o segundo personaxe masculino máis popular do anime dende a década de 1990.[2]

Notas editar

  1. Animage.jp (ed.). "第19回アニメグランプリ [1997年6月号]" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2009. 
  2. "NT Research". Newtype (Kadokawa Shoten) (4). marzo de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar