Kaunas

antiga capital e segunda meirande cidade de Lituania

Kaunas (en lituano [ˈkɐʊˑn̪ɐs̪] (AFI)Kaunas.ogg escoitar) é unha antiga capital e segunda meirande cidade de Lituania. Sitúase no punto onde se encontran os ríos Neman e Neris, os ríos máis grandes do país.

Modelo:Xeografía políticaKaunas
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°54′N 23°56′L / 54.9, 23.93Coordenadas: 54°54′N 23°56′L / 54.9, 23.93
EstadoLituania
City municipality of Lithuania (en) TraducirKaunas City Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Kaunas City Municipality (en) Traducir (1941–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación305.120 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.943,44 hab./km²)
Xeografía
Superficie157 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Niemen Editar o valor em Wikidata
Altitude48 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoVisvaldas Matijošaitis (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalLT-44001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico837 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Bălţi (pt) Traducir
Adís Abeba
Storo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 30+

Páxina webkaunas.lt… Editar o valor em Wikidata

Nomes editar

Antes da independencia do país, a cidade era máis coñecida como Kovno, a forma tradicional do seu nome nas linguas eslavas. O seu nome en polonés é Kowno. A forma tradicional en ruso é Ковно, a pesar de Каунас tamén se usa dende 1940. En yiddish o seu nome é Kovne (קאָװנע), e en alemán é Kowno ou Kauen.

Historia editar

 
Castelo de Kaunas

Onde hoxe é o centro histórico de Kaunas, xunto ós ríos Neman e Neris, xurdiu no século X a.C. unha poboación. Cóntase que a cidade propiamente dita foi fundada en 1030, pero o seu nome só xurdiu en textos despois de 1361. No século XIII erixiuse unha muralla para protexela contra os ataques dos Cabaleiros Teutónicos. En 1362 a cidade foi capturada por estes, que destruíron o seu castelo.

En 1408 a cidade tivo garantidos os dereitos de Magdeburgo por Vytautas o Grande. O castelo foi reconstruído no comezo do século XV. A cidade comezou a destacar, pois estaba situada na intersección de rutas comerciais e era un porto fluvial. En 1441 Kaunas xuntouse á Liga Hanseática, e establecementos comerciais da Hansa foron abertos. Arredor do século XVI a cidade tiña unha escola pública, un hospital e unha farmacia, e era unha das máis organizadas cidades do Gran-Ducado de Lituania.

 
Igrexa de San Xurxo (1487).

Os séculos XVII e XVIII foron malos para a cidade. En 1665, o exército ruso atacouna, e en 1701 Kaunas foi ocupada polos suecos. A peste negra atinxiu a cidade en 1657 e 1708, e varios incendios destruíron partes da cidade en 1731 e 1732. Despois da última repartición de Polonia-Lituania en 1795, a cidade foi ocupada por Rusia. Cando foi da invasión da Rusia por Napoleón Bonaparte en 1812, o Grande Exército pasou dúas veces pola cidade, devastándoa nas dúas ocasións.

 
Igrexa e mosteiro de Pažaislis

Despois da última partición da Polonia, Kaunas foi un dos centros do Levantamento de Novembro (1830-1831) e do Levantamento de Xaneiro (1863-1864). Para desencoraxar a poboación local, as autoridades rusas deixaron un gran número de soldados na cidade. O forte militar ruso daquela época existe ata hoxe.

 
[Casa de Perkūnas

En 1862 foi construído un ferrocarril conectando o Imperio Ruso e Alemaña, e Kaunas tornouse un importante enlace ferroviario. En 1898 a primeira fábrica eléctrica comezou a funcionar. Despois de que Vilnius fora ocupada polos bolxeviques rusos en 1919, o goberno da República da Lituania fixou a súa sede en Kaunas. Posteriormente, cando Vilnius foi cercada por Polonia, a cidade tornouse na capital interina do goberno lituano, posición que mantivo ata 1940, cando Polonia foi dividida entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética. Iosif Stalin devolveu Vilnius á Lituania, tralo que comezou o cambio da capitalidade. Pero antes da súa conclusión, o país enteiro foi ocupado polos soviéticos.

Entre as dúas guerras mundiais, as industrias prosperaron en Kaunas, e neste período foi a máis grande cidade lituana. Durante a xestión do prefecto Jonas Vileišis (1921-1931), Kaunas creceu rapidamente e tornouse unha cidade moderna. Inaugurouse un sistema de auga e desaugadoiros, que custou máis de 15 millóns de litas (a moeda lituana). A cidade creceu de 18 aos 40 km². Máis de 2500 predios foron construídos, así como tres modernas pontes sobre os ríos Neris e Nemunas. Todas as rúas da cidade foron pavimentadas, os transportes movidos por animais foron substituídos por omnibus modernos; novos suburbios foron construídos (especialmente na rexión de Žaliakalnis), e creáronse novos parques e prazas. As bases dun sistema de seguro social foron establecidas. Tres novas escolas e novas bibliotecas públicas foron concluídas, incluíndose a Biblioteca Vincas Kudirka. Vileišis mantivo diversos contactos con outras cidades europeas, e como resultado Kaunas tornouse activa participante na vida urbana europea.

En 1940 foi anexada pola Unión Soviética como parte da república socialista soviética da Lituania.

Despois da segunda guerra mundial Kaunas tornouse a principal cidade industrial de Lituania. Produciu preto de 1/4 da produción industrial da república soviética.

Despois da proclamación da independencia lituana en 1991, os soviéticos tentaron neutralizar a rebelión insuflada nas emisoras de radio e televisión situadas en Sitkūnai.

Poboación histórica editar

 
Encontro dos ríos Neman e Neris en Kaunas
Ano Número de habitantes
1723 28 000
1796 8 500
1813 3 000
1825 5 000
1840 8 500
1860 23 300
1897 71 000
1923 92 000
1940 154 000
1959 214 000
1966 275 000
1989 418 087
2001 378 943
2004 366 652
2005 361 274

Deporte editar

Composición étnica editar

Kaunas é unha das cidades que ten porcentualmente máis lituanos no país: un 93% da súa poboación. A porcentaxe de lituanos na cidade é maior que na capital Vilnius, e hai máis lituanos étnicos en Kaunas que letóns étnicos en Riga ou estonianos étnicos en Tallinn.

Composición étnica no 2001:

  1. lituanos 92,9%
  2. rusos 4,4%
  3. ucraínos 0,5%
  4. polacos 0,4%
  5. Outros 1,8%

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar