Coordenadas: 56°55′42″N 11°25′41″L / 56.928333333333, 11.428055555556

O Kattegat, ou Kattegatt, é unha baía do Mar do Norte (continuación do estreito de Skagerrak) bordeada por Dinamarca e Suecia. O Mar Báltico emboca no Kattegat a través de Öresund e do Gran Belt, entre outros estreitos dinamarqueses.

Kattegat
Localización administrativa
EstadoDinamarca Dinamarca
Suecia Suecia
DivisiónRexións: Xutlandia Setentrional, Xutlandia Central, Selandia e Capital (DIN)
Condados de Halland e Escania (SUE)
Localización xeográfica
Océano / MarMar Báltico - Skagerrak (mar do Norte)
ContinenteEuropa
Illa/sSelandia e Samsø
Xeografía
SubdivisiónsBaías de Albaek, Alborg e Hessele (DIN)
Skalderviken (SUE)
Illas interioresAnholt e Læsø
AfluentesGudenå (176 km) (DIN)
Göta (en Gotemburgo, 750 km) e Lagan (244 km), Nissan (200 km), Atran (240 km) e Viskan (140 km) (Halland) (SUE)
Cidades ribeiregasSkagen e Frederikshavn (DIN)
Goteborg, Kungsbacka, Varberg, Falkenberg, Halmstad, Bastad, Angelholm, Höganas (SUE)
Características
Superficie22.000 km²
Lonxitude máxima220 km (N-S)
Mapa

O estreito de Kattegatt coma continuación do Skagerrak

Localización de Kattegat

Os ríos que verten as súas augas no Kattegat son o Göta en Gotemburgo, xunto co Lagan, Nissan, Ätran e Viskan na provincia sueca de Halland; e o río Gudenå en Xutlandia, do lado dinamarqués.

As principais illas do Kattegat son Samsø, Læsø e Anholt, sendo coñecidas as dúas últimas como "o cinto desértico danés", debido ó seu clima seco.

O nome de Kattegat deriva das palabras holandesa e baixo saxoa Kat (gato) e Gat (burato). Isto fai referencia á navegación medieval, cando os navegantes dicían desta zona que era "tan estreita como o buraco dun gato", xa que había tantos barcos no mar que facían difícil de máis a navegación.