Coordenadas: 63°38′00″N 19°03′00″O / 63.633333333333, -19.05

O volcán Katla é un dos volcáns máis poderosos do sur de Islandia, localizado baixo o glaciar Mýrdalsjökull. Desde o ano 930 documentáronse dezaseis erupcións do Katla, a última das cales tivo lugar en 1918.

Katla
Localización administrativa
LocalizaciónIslandia Islandia
Características xerais
Altitude1450 m

Ten unha altura de 1450 m e a súa caldeira é de 10 km de diámetro. O seu período entre erupcións é de 40 – 80 anos. Dado que a súa última erupción tivo lugar en 1918, este volcán está estreitamente monitorizado. Forma xunto co canón Eldgjá un sistema volcánico.

Antes de que se construíse o Hringvegur (a estrada principal ao redor da illa), atravesar as chairas situadas fronte ao volcán era perigoso debido aos frecuentes jökulhlaups (inundacións glaciares) e os profundos ríos que había que cruzar. Especialmente perigosa foi a corrente glaciar tras a erupción de 1918, cando a liña de costa quedou ampliada en 5 km por depósitos de correntes laháricas. Os lahares desa erupción chegaron a cubrir unha superficie de 125 km² de extensión.

Katla desde Dyrhólaey.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar