Katherine Neville

novelista estadounidense

Katherine Neville, nada en St. Louis (Missouri) o 4 de abril de 1945, é unha escritora estadounidense, coñecida principalmente pola súa novela The Eight, que foi un éxito de vendas mundial, ratificado máis tarde coa novela The Magic Circle.[1]

Infotaula de personaKatherine Neville
Biografía
Nacemento4 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWashington, D.C.
San Francisco Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , modelo , novelista , fotógrafa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeKarl H. Pribram

Páxina webkatherineneville.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3284861 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante anos traballou como vicepresidenta para o Banco de América.[2] Despois traballou como asesora técnica de instalacións informáticas[2] tanto para gobernos como para empresas privadas como IBM e Deutsche Bundesbank. Tamén traballou no ámbito dos transportes e no da enerxía, ademais de ser fotógrafa comercial,[2] modelo e pintora.

A partir da década de 1980 converteuse nunha das novelistas máis lidas do mundo grazas á súa novela The Eight,[3] éxito que volveu acadar coa obra O círculo máxico. A Calculated Risk, a súa primeira novela, tamén experimentou un grande éxito grazas ao das dúas publicacións anteriores. En decembro de 2008 publicou a continuación de The Eight, titulada The Fire.

Obra editar

Ano Título Notas
1988 The Eight
1992 A Calculated Risk
1998 The Magic Circle
2008 The Fire Secuela de The Eight

Notas editar

  1. Conversa con Katherine Nevill
  2. 2,0 2,1 2,2 Katherine Neville Official Site - Biography, consultado o 31 de agosto de 2010.
  3. Katherine Neville Official Site-The Books. Archived from the orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 24 de novembro de 2014

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar