Katharine Murray Lyell

botánica (1817-1915)

Katharine Murray Lyell, nada en 1817 e finada en 1915, foi unha botánica británica, autora dun libro pioneiro sobre a distribución mundial dos fentos e editora de volumes da correspondencia entre moitos dos científicos notábeis da súa época.

Infotaula de personaKatharine Murray Lyell
Biografía
Nacemento1817 Editar o valor em Wikidata
Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Morte1915 Editar o valor em Wikidata (97/98 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánica , pteridóloga , editora literaria , taxonomista , escritora técnica (pt) Traducir , coleccionista de plantas Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaK.Lyell Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHenry Lyell (1848–)
FillosRosamond Frances Anne Lyell (en) Traducir, Francis Horner Lyell (en) Traducir, Leonard Lyell, 1st Baron Lyell (en) Traducir, Arthur Henry Lyell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLeonard Horner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anne Susan Lloyd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrances Joanna Bunbury (pt) Traducir, Susan Horner (pt) Traducir, Mary Horner Lyell, Leonora Pertz (en) Traducir e Joanna Baillie Horner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Horner-3088
Portada do libro de Katharine Murray Lyell (1870) A Geographical Handbook of All the Known Ferns. (O título aparece cortado)

Biografía editar

Katharine Murray Horner era unha das seis fillas do comerciante e xeólogo escocés Leonard Horner. Leonard Horner deulle unha boa educación ás súas fillas e levábas ás reunións da British Association for the Advancement of Science.[1]

A irmá máis vella de Katharine, Mary, era xeóloga e conquilóloga. Casou co xeólogo Charles Lyell.[2] Katharine Horner casou despois co irmán máis novo de Lyell, Henry. O seu fillo máis vello, Leonard, chegou a ser membro Parlamento británico. A súa sobriña Dorothea Pertz tamén foi botánica.

Traxectoria editar

Como botánica, Katharine Lyell especializouse nos fentos e en 1870 publicou un volume sobre a distribución xeográfica dos fentos no planeta. No seu prólogo recoñece o moito que lle debía a William Jackson Hooker e ó seu compendio inacabado de fentos, Synopsis Filicum (publicado postumamente en 1868). Porén, o libro de Lyell foi o primeiro que usaba unha organización xeográfica no canto da habitual organización por taxonomía. Ela viaxou á India con Henry, onde recolleu plantas en varias rexións, entre elas o delta do Ganges, e carteouse con ilustres vitorianos da súa época, como os científicos Alfred Russel Wallace e Charles Darwin e a misioneira Harriette Colenso (quen lle recolleu fentos).[3] A súa colección de fentos está repartida entre os Kew Gardens e o Herbario da Universidade de Reading (RNG), mentres que o resto das súas outras plantas foron parar ao Museo Británico.

Lyell tamén editou varios libros de memorias e de correspondencia de tres destacados científicos do seu día. Cando o seu cuñado Charles morreu en 1875, converteuse na compiladora e editora dunha obra en dous volumes da súa biografía, diarios e correspondencia.[4] Unha década máis tarde, trala morte do seu pai, editou as súas cartas nunha obra en dous volumes. Tamén editou a biografía e cartas doutro dos seus cuñados, Charles Bunbury, un afamado paleobotánico. Todas estas obras seguen a ser un material de referencia para as persoas que investigan este período.

A abreviatura estándar de autoría K. Lyell úsase para indicar esta persoa cando se cita un nome botánico.

Obra editar

  • Katharine Lyell. A Geographical Handbook of All the Known Ferns: With Tables to Show Their Distribution. Londres: John Murray, 1870.
  • Katharine Lyell, ed. The Life, Letters and Journals of Sir Charles Lyell. Londres: John Murray, 1881.
  • Katharine Lyell, ed. Memoir of Leonard Horner, F.R.S., F.G.S.: Consisting of Letters to his Family and from Some of his Friends. Londres: Women's Printing Society, 1890.
  • Katharine Lyell, ed. The Life and Letters of Sir Charles J.F. Bunbury. Londres: John Murray, 1906.

Notas editar

  1. Ogilvie, Marilyn, and Joy Harvey. The biographical dictionary of women in science: pioneering lives from ancient times to the mid-20th century. Routledge, 2003.
  2. "Explorando nuevas fronteras: biólogas innovadoras, Dora Pertz y Florence Durham". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-01-03. Consultado o 2022-08-01. 
  3. Guy, Jeff. The View Across the River: Harriette Colenso and the Zulu Struggle Against Imperialism. New Africa Books, 2001.
  4. Mary Lyell, quen en teoría era a máis indicada para realizar esta tarefa morrera en 1873.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar