Kano é unha cidade africana, situada ao norte de Nixeria e capital do estado homónimo.

Modelo:Xeografía políticaKano
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°00′N 8°31′L / 12, 8.52Coordenadas: 12°00′N 8°31′L / 12, 8.52
EstadoNixeria
Estado federadoEstado de Kano Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.848.885 (2007) Editar o valor em Wikidata (7.713,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie499 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude488 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal700001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Historia editar

Berce do pobo hausa do Sahel, a Crónica de Kano relata a súa longa e rica historia. Os achados arqueolóxicos permiten asegurar a presenza dun asentamento que traballaba o ferro no outeiro Dala da cidade dende o século VII.

No 999 comeza a cronoloxía dos reis de Kano, que axiña arrodearon a vila cunha gran muralla (case 20 km na súa máxima expansión). A islamización progresiva tivo o seu cénit co goberno de Muhammad Rumfa (1463-1499) quen reformou a cidade ampliando o Pazo do Emir. No século XIX o emirato de Kano pasou a seres tributario do califato fulani de Sokoto. En 1903 Kano caeu no poder colonial británico.

Hoxe a urbe creceu ata se converter na segunda metrópole máis importante do país tras Lagos, centro comercial da súa rexión agrícola e gandeira e foco do islamismo nixeriano (fonte de periódicos estalidos de violencia relixiosa). A poboación, que o goberno central cifra en máis de dous millóns de habitantes (censo de 2006), seica podería mesmo duplicar esa cantidade.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.