Coordenadas: 27°59.750′N 86°49.705′L / 27.995833, -86.828417

Kala Patthar (Rocha negra, en nepalés) é unha montaña no Himalaia do Nepal de 5.545 metros. Constitúe un cume marxinal do Pumori, que aparece como unha gran formación marrón na súa impresionante cara sur, xunto ao Glaciar Khumbu. Moitos dos sendeiristas que alcanzan o campo base do Monte Everest intentan alcanzar o seu cume. As vistas desde o Kala Patthar do Everest, Lhotse e Nuptse son impresionantes nun día claro.

Kala Patthar co Pumori ao fondo.

Ascensión editar

A ascensión do Kala Patthar comeza en Gorakshep (5.164 m.), o campo base orixinal do Monte Everest. Tras cruzar o leito dun vello lago (que agora contén un pequeno lago e unha pista de aterraxe de helicópteros), a ascensión continúa por unha serie de pendentes até alcanzar a parte leste da montaña. O camiño vólvese outra vez empinado até alcanzar a aresta que leva ao cume. Desde alí en cinco ou dez minutos de escalada por grandes pedras alcánzase o cume na que se atopan bandeiras de oración. A subida en total adoita levar de hora e media a dúas horas. Desde Lobuche requírense entre dúas e tres horas máis.