Kajsa Ekis Ekman
Kajsa "Ekis" Ekman, nada en 1980, é unha xornalista, escritora e activista sueca. É autora de varios traballos sobre a crise financeira, os dereitos das mulleres, e a crítica do capitalismo. Escribe para o diario sueco Dagens Nyheter e é columnista op-ed no diario de esquerda ETC.[1] Tamén escribe para The Guardian, TruthDig e Feminist Current.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Anna Kajsa Helena Langemar Ekman 25 de xullo de 1980 (43 anos) Maria Magdalena parish, Suecia (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | escritora , xornalista |
Lingua | Lingua sueca, lingua castelá, lingua inglesa e lingua grega |
Participou en | |
2015 | Freedom Flotilla III (en) |
Premios
| |
Libros editar
O seu libro Being and Being Bought (en galego, Ser e ser comprado) compara a industria de sexo e a de xestación por substitución e como ambas as dúas mercantilizan o corpo das mulleres.[2] Critica a idea do «traballo do sexo» por ser unha alianza infame entre a dereita neoliberal e a esquerda posmoderna utilizada para lexitimar a industria do sexo. Tamén denuncia que os "sindicatos para traballadores do sexo" en moitos casos están financiados por proxenetas, estados, e académicos, e teñen moi pouco que ver coa loita dos traballadores. O libro foi traducido a francés, inglés, español e alemán.
O seu libro Stolen Spring («Primavera roubada») describe a crise do euro vista desde Atenas e a forma na que afectou á economía grega.[3] Ekman critica a visión de que a crise fose causada polos traballadores gregos e atribúea a cambios no capitalismo. Concedéuselle o premio «Sueco-Grego do Ano» 2016 pola súa solidariedade con Grecia.[4]
Ekman foi unha das relatoras principais no Festival of Dangerous Ideas (en galego, Festival de Ideas Perigosas) de 2014.
Na súa charla Ted, «Todo o mundo fala sobre o Capitalismo, mais que é?», fala sobre mercado libre como ferramenta útil, mais describe o capitalismo como unha forza allea á moral, a responsabilidade, planificar sobre o clima, o país ou o mundo. Suxire a regulación do sector financeiro para evitar crises e propón a democracia en todos os sectores da sociedade, incluído no lugar de traballo.[5]
Participou na Frota da Liberdade a Gaza en 2015.
Notas editar
- ↑ "Kajsa Ekis Ekman at Lybrary.com". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2015. Consultado o 05 de setembro de 2018.
- ↑ Ekman, Kajsa Ekis (2013). Being and Being Bought - Prostitution, Surrogacy and the Split Self.Melbourne: Spinifex Press.
- ↑ Ekman, Kajsa Ekis: Κλεμμένη Ανοιξη Athens: Kedros Publishers, 2014
- ↑ "Årets svensk-grek"
- ↑ "Everybody talks about capitalism, but what is it?"
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kajsa Ekis Ekman |