O Kaidun é un meteorito caído na Terra o 12 de marzo do 1980 moi preto dunha base militar da Unión Soviética (lat. 15° N, lonx. 48.3° L) no Iemen.

Características editar

Contén niveis únicos dunha gran variedade de minerais, causando algunha confusión sobre a súa orixe. En marzo do 2004 suxeriuse que este meteorito era orixinario da lúa marciana Fobos.[1][2]

Principalmente está composto de condrita carbonícea do tipo CR2, pero tamén contén fragmentos doutros tipos coma os C1, CM1, e C3. Preto de 60 minerais foron atopados dentro deste meteorito, moitos deles non poden ser atopados na natureza, coma o "florenskiite", que ten coma símbolo químico FeTiP.

A razón pola que Fobos foi suxerida coma a orixe do meteorito é por que nesta lúa pódense apreciar trazas de dúas rochas alcalinas extremadamente raras. Cada unha destas rochas foi agregada ao meteorito de xeito individual. Isto suxire que o meteorito debeu de estar preto dunha fonte de rochas alcalinas. As pescudas apuntan a Marte e mais a unha das súas lúas, Fobos, xa que esta está máis preto de Marte ca Deimos.[3]

Notas editar

  1. "'Weird' meteorite may be from Mars moon" Arquivado 01 de setembro de 2008 en Wayback Machine., artigo en New Scientist do 22 de abril de 2004 (consultado o 18 de marzo de 2006) (en inglés).
  2. "Is the Kaidun Meteorite a Sample from Phobos?", artigo de A. V. Ivanov (2004) en abstract only. Solar System Research, v. 38, Issue 2, p. 97-107. (en inglés).
  3. "The Kaidun Meteorite: Where Did It Come From?" Arquivado 27 de marzo de 2009 en Wayback Machine., artigo en www.geokhi.ru (en inglés).