Kadavu é a cuarta maior illa de Fidxi, cunha área de 411 km², e a maior illa do Grupo Kadavu, un arquipélago volcánico formado polas illas Kadavu, Ono, Galoa e varias illas menores no Arrecife do Gran Astrolábio (Great Astrolabe Reef, en inglés). A súa principal cidade é Vunisea, que posúe un aeroporto, unha escola secundaria, un hospital e unha base do goberno. Suva, capital do país, está localizada 88 km ao norte de Kadavu, na illa de Viti Levu.

Kadavu
Gran parte da selva tropical de Kadavu aínda chega ata o mar
Kadavu nun mapa de J.P.Thomson, 1889
Situación
PaísFidxi
Coordenadas19°3′S 178°15′L / -19.050, -178.250Coordenadas: 19°3′S 178°15′L / -19.050, -178.250
Xeografía
Superficie411 km²
Longura máxima93
Largura máxima13
Punto máis alto805 m. Monte Washington
Demografía
CapitalVunisea
Poboación10.167 hab. (2007)
Densidade25 hab./km²

Administración editar

A illa de Kadavu é parte da provincia de Kadavu, pertencente a División Oriental.

Xeografía editar

Kadavu posúe 93 km de lonxitude e varía entre 365 metros a 13 km de largo. A illa está case dividida en dúas partes polo istmo de Namalata, que liga a Baía de Namalata, na costa norte, co porto natural (ou ancoradoiro) de Galoa na costa sur. Dentro do porto natural de Galoa fica a illa Galoa e o pequeno illote de Tawadromu. A montaña máis alta da illa é a Nabukelevu, tamén coñecida como Monte Washington, con 822 metros de altura, localizada no extremo oeste da illa.

Kadavu aínda conserva o 75% da súa selva tropical orixinal e unha rica diversidade de paxaros.

Economía editar

Kadavu é unha das áreas menos desenvolvidas das Fidxi. Hai poucas estradas e a economía local é moi dependente da agricultura de subsistencia. Non hai bancos en Kadavu. O turismo estase facendo popular.

 
Vunisea

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar