Kenneth Jonsson

arqueólogo e numismático sueco
(Redirección desde «K. Jonsson»)


Kenneth Jonsson, nado en 1950 en Filipstad, no condado de Värmland, é un arqueólogo e numismático sueco especializado na época medieval.[1][2]

Infotaula de personaKenneth Jonsson
Biografía
Nacemento1950
Filipstad, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSueca.
EducaciónUniversidade de Lund
Coñecido porEstudos de numismática medieval.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónarqueólogo , numismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1987) Medalla Elias Brenner (SNS).
- (1998): Medalla Gunnar Holst.

Traxectoria editar

Logo da súa graduación na Universidade de Lund en 1973, Kenneth Jonsson acadou o seu doutoramento en 1987 baixo a dirección de Brita Malmer na Universidade de Estocolmo, coa tese titulada The new era: the reformation of the late Anglo-Saxon coinage, na que aborda a reforma monetaria de Inglaterra ca. 973.[1][2]

Entre 1988 e 1992 traballou como asistente de investigación no Consello de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais (Humanistisk-samhällsvetenskapliga forskningsrådet).[1]

Posteriormente traballou no Gabinete Real de Moedas de Estocolmo e na compañía de poxas numismáticas Ahlström.[3]

A súa docencia na Universidade de Estocolmo comezou en 1990 como profesor asociado, e en 1992 accedeu ao posto de profesor titular de Numismática e Historia Monetaria nesa universidade. Alí sucedeu a Brita Malmer como titular da cátedra Gunnar Ekström de Numismática e Historia Monetaria. Esta cátedra, está adscrita ao Instituto de Arqueoloxía, co patrocinio da Fundación Gunnar Ekström para a Investigación Numismática (Gunnar Ekströms stiftelse för numismatisk forskning), baixo a denominación de Instituto Numismático de Estocolmo.[1][2]

O seu principal foco de investigación constitúeo a historia das moedas e do diñeiro no norte de Europa na Idade Media.[1][2]

Kenneth Jonsson é membro da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades desde 2001.[1][4]

Desde 2003, Jonsson é o editor da revista en Internet Myntstudier.[5]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Ademais dun bo número de artigos en revistas numismáticas, Jonsson é autor de varios traballos monográficos. Esta é unha escolma dos máis representativos:[8]

  • (1980). Sveriges besittningsmynt (con B. Ahlström e Y. Almer). Estocolmo.
  • (1986). Fyndet i chiffonjen (con B. Hårdh). Lund.
  • (1987). The New Era. The Reformation of the Late Anglo-Saxon Coinage. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 91-7192-709-3
  • (1987). Viking-Age Hoards and Late Anglo-Saxon Coins. Estocolmo. ISBN 91-7260-638-X
  • (1990). Studies in Late Anglo-Saxon Coinage (ed. con B. Malmer). Svenska Numismatiska Föreningen, Estocolmo. ISBN 91-85204-10-2
  • (1991). Priskatalog over Norges mynter fra 995 (con J. O. Aamlid e B. Ahlström). Estocolmo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Jonsson, Kenneth". En Coins Weekly. 25 de outubro de 2017.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Kenneth Jonsson. Professor emeritus". Stockholm University.
  3. Carlsson, P-G. (2009). "Den svenska myntmarknadens utveckling 1999-2009: Den Ahlströmska mynthandelsepoken". En Samlad Glädje 2009 Arquivado 05 de decembro de 2020 en Wayback Machine.. Numismatiska Klubben i Uppsala. Páxina 37.
  4. Malmer, B. (2001). "Kenneth Jonsson invald i Vitterhetsakademien". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 4. Svenska Numismatiska Föreiningen. Páxina 98.
  5. "Tidskriften Myntstudier". Sitio web da revista.
  6. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  7. "Gunnar Holsts pris år 1998". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Febreiro de 1999. Páxina 21.
  8. "Kenneth Jonsson. Bibliografi". Stockholm University.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar