Juventud (Xinzo de Limia)

Juventud foi un periódico editado en Xinzo de Limia en 1919.

Juventud
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico independiente defensor de los intereses locales, apareceu o 15 de febreiro de 1919. Periódico quincenal de tendencia republicana e anticaciquil, estaba dirixido por Alejandro Álvarez Rodríguez. Os redactores eran Luis Seijo Villarino e Antonio Nieto Oliva. Entre os seus colaboradores estaban Francisco Seijo Iglesias (que foi nomeado xerente), Lino Pereda, Celso Nieto Oliva, Juan P. de la Yborra, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Cesou a súa publicación co número 10, o 13 de xuño dese ano. Foi substituído por El Agrario.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". ISBN 84-689-5317-2.