Juventud (Ferrol)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Juventud.
Juventud foi unha revista editada en Ferrol de 1919 a 1920.
Juventud | |
---|---|
País | España |
Lugar de publicación | Ferrol |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1919 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Revista quincenal de literatura, ciencia y arte de Ferrol, apareceu o 23 de novembro de 1919. Non mantivo unha periodicidade totalmente regular. Dirixida por Pedro Fraga Porto, imprimiuse nos talleres de El Correo Gallego. Incluíu poemas en galego, e prestou unha atención especial aos escritos da xuventude de Galicia. Entre os seus colaboradores figurou Francisco Cabo Pastor. No número 6, aparecido en febreiro de 1920, apareceron colaboracións de Marcial Fernández, Plácido Gabeiras, Xavier Bóveda, Mal de Vizoso, José Heres, Alfredo de la Iglesia, Goy Díaz, Xosé Lesta Meis, Francisco Cabo Pastor e Miguel Rey.[1]
Notas editar
- ↑ El Norte de Galicia, 27-2-1920, p. 3.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Juventud". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.