Just Like Heaven (filme)

filme de 2005 dirixido por Mark Waters

Just Like Heaven é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Mark Waters. Está protagonizado por Reese Witherspoon, Mark Ruffalo e Jon Heder. Baséase na novela francesa de 1999 Et si c'était vrai... de Marc Levy. Steven Spielberg obtivo os dereitos para producir o filme a partir do libro.[1] Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de setembro de 2005. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica e recadou 102 millóns de dólares.

Just Like Heaven
Ficha técnica
Título orixinalJust Like Heaven
DirectorMark Waters
ProdutorWalter F. Parkes
Laurie MacDonald
GuiónPeter Tolan
Leslie Dixon
Baseado enEt si c'était vrai... de Marc Levy
IntérpretesReese Witherspoon
Mark Ruffalo
MúsicaRolfe Kent
FotografíaDaryn Okada
MontaxeBruce Green
EstudioParkes/MacDonald Productions
DistribuidoraDreamWorks Pictures
Estrea16 de setembro de 2005
Duración95 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia romántica
Orzamento58 millóns de dólares
Recadación102,9 millóns de dólares
Na rede
http://www.justlikeheaven-themovie.com
IMDB: tt0425123 Filmaffinity: 846569 Allocine: 59948 Rottentomatoes: m/just_like_heaven Mojo: justlikeheaven Allmovie: v319730 TCM: 620689 Metacritic: movie/just-like-heaven TV.com: movies/just-like-heaven Netlix: 70032592Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Elizabeth Masterson (Reese Witherspoon) é unha doutora dedicada ao seu traballo. Cando a súa irmá, que ten dúas fillas, lle consegue unha cita, Elizabeth ten un accidente automobilístico. Mentres tanto, un arquitecto paisaxista chamado David Abbott (Mark Ruffalo) múdase a San Francisco ao antigo apartamento de Elizabeth. Cando David está no apartamento, o espírito de Elizabeth acósao. Ela non lembra quen é, cal é a súa familia nin a que se dedicaba. Só lembra que ese é o seu apartamento e o lugar no que estaban as súas cousas. David acepta descubrir quen era Elizabeth, e segundo vai descubrindo cousas sobre ela, os dous comezan a namorarse.

Personaxes editar

Acollida editar

Recadación editar

Just like Heaven recadou 48,3 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá, e outros 54,5 millóns máis noutros territorios, conseguindo un total internacionalmente de 102,9 millóns sobre un orzamento de 58 millóns.[2]

Notas editar

  1. "If Only It Were True (Et si c'était vrai #1)". Goodreads Inc. 
  2. "Just Like Heaven (2005) en BoxOfficeMojo". boxofficemojo.com. Consultado o 2023-01-25.