Junior Bridgeman
Ulysses Lee "Junior" Bridgeman, nado o 17 de setembro de 1953 en East Chicago, Indiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante doce tempadas na NBA. Con 1,96 metros de altura, a súa posición era a de escolta ou aleiro.
Junior Bridgeman | |
---|---|
Posición | Escolta |
Dorsal | 2 |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Nacemento | 17 de setembro de 1953 (70 anos) East Chicago, Indiana |
Carreira | |
Universidade | Louisville |
NBA Draft | 1975 / Rolda: 1 / Elección: 8 Por Los Angeles Lakers |
Tempadas | 1975–1987 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 11 517 |
Rebotes | 2 995 |
Asistencias | 2 066 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Traxectoria deportiva editar
Universidade editar
Xogou durante 4 tempadas cos Cardinals da Universidade de Loiusville, cos que fixo 15,5 puntos e 7,5 rebotes por partido.[1]
Profesional editar
Foi elixido na oitava posición do Draft da NBA de 1975 por Los Angeles Lakers, mais foi inmediatamente traspasado a Milwaukee Bucks xunto a Brian Winters a cambio de Kareem Abdul-Jabbar, onde militou durante nove tempadas consecutivas, promediando dobres díxitos en oito das mesmas. A súa mellor tempada foi a 1979-80, cando fixo 17,6 puntos e 3,7 rebotes por partido. En 1984 fichou por Los Angeles Clippers, onde xogou durante dúas tempadas aínda a un bo nivel.
Retirouse no seu equipo de toda a vida, os Bucks, aos 34 anos. Nas súas doce tempadas como profesional tivo unha media de 13,6 puntos e 3,5 rebotes por partido. A súa camiseta co número 2 foi retirada por Milwaukee como homenaxe.
Equipos editar
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en nba.com/historical
- Estatísticas de Junior Bridgeman Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine.