Julio Bello Sierra

obreiro ferroviario español

Julio Bello Sierra, nado en Carucedo en 1898 e finado en Montefurado o 31 de outubro de 1936, foi un obreiro ferroviario español.

Infotaula de personaJulio Bello Sierra
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Carucedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Montefurado, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónferroviário (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende novo traballou na Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (Ferrocarriles del Norte). En 1935 foi destinado ao posto situado no quilómetro 320/529 da liña Palencia-A Coruña, próxima a Montefurado. Sen filiación política ou sindical coñecida, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tres falanxistas de Carracedelo e Toural dos Vaos presentáronse na súa casa o 31 de outubro para detelo e interrogalo. Saíu do seu domicilio detido e foi asasinado aos poucos metros. O seu cadáver foi lanzado ao río Sil. O 20 de novembro de 1936 o seu corpo apareceu augas abaixo, na aldea das Covas, onde se denunciou a aparición do corpo e foi identificado e soterrado.

En agosto de 2016 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) localizou e exhumou os seus restos.[1]

Vida persoal editar

Casou con Isabel Arias Arias e foi pai de catro fillos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar