Julio Andrés Pardo Pereira
futbolista español
Julio Andrés Pardo Pereira, nado na Coruña o 12 de marzo de 1952, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.
Julio Pardo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Julio Andrés Pardo Pereira | ||
Nacemento | 12 de marzo de 1952 (72 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1973–1980 | Deportivo da Coruña | 115 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Na tempada 1973–74 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División, participando tan só en 4 partidos, e descendendo a Terceira División ao final do campionato.
Na tempada 1975–76 foi un habitual na defensa coruñesa, xunto con Antonio Benlloch e Manuel Gallego, no retorno á categoría de prata do fútbol español. Ese ano participou en 30 partidos.
Na tempada 1978–79 perdeu notoridade, estando a defensa titular formada por Richard Moar, Ramón Piña, Carlos Ballesta e Gallego. Esa campaña xogou 5 partidos, e na seguinte 9, descendendo a Segunda División B.