Julien Ries, nado en Fouches (Arlon) o 19 de abril de 1920, é un sacerdote, antropólogo e historiador das relixións belga creado cardeal da Igrexa Católica polo papa Bieito XVI.

Infotaula de personaJulien Ries
Biografía
Nacemento19 de abril de 1920 Editar o valor em Wikidata
Fouches, Bélxica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de febreiro de 2013 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Tournai, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Cardeal
18 de febreiro de 2012 –
Arcebispo católico
11 de febreiro de 2012 –
Arcebispo titular
23 de xaneiro de 2012 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoBelgas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de Louvain Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1945–), profesor universitario , historiador , historiador da relixión , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónGiacinto Berloco Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 105723576 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou de 1933 a 1939 no seminario menor de Bastogne, na diocese de Namur, completando estudos clásicos e de filosofía e de 1941 a 1945 na Facultade de Teoloxía no seminario maior de Namur e foi ordenado sacerdote o 12 de agosto de 1945 na catedral desa cidade. Continuou os seus estudos na Facultade de Teoloxía e no Instituto Orientalista da Universidade Católica de Lovaina entre 1945 e 1950, licenciándose en teoloxía (1948) e filoloxía e historia oriental (1949). Foi capelán e profesor de relixión católica no instituto de Athus (1950-1959). En 1953 conseguiu o doutoramento en teoloxía coa tese, dirixida por Lucien Cerfaux e Louis Théophile Lefort acerca da influencia dos escritos do Novo Testamento no eucoloxio maniqueo copto de Médinêt Mâdi. Titular da parroquia de Messancy (1959-1968). A partir de 1960 comezou a dar clases na Universidade de Lovaina, e xa desde 1968 como titular no Centro de Historia das Relixións ao tempo que se facía cargo da parroquia de Suarlée (Namur). En 1970 ao dividirse a universidade en dous centros segundo a lingua, Ries deu clase na universidade francófona, onde o novo reitor Édouard Massaux deu pulo os estudos sobre a historia das relixións, o que induciu a que Ries se ocupara máis da historia xeral das relixións, sen deixar o seu interese orixinario polo maniqueísmo. Entre 1979 e 1985 foi membro do Consello Pontificio para o Diálogo Interrelixioso. Foi creado cardeal diácono o 18 de febreiro de 2012[1].

Obra editar

Estudoso da antrolopoxía da relixión baixo a súa dirección elaborouse o Trattado di antrolopogia del sacro (1989-2009), nos seus dez volumes colaboraron especialistas do mundo enteiro, coa colaboración do antropólogo estadounidense Lawrence E. Sullivan (director do Centre for the Study of World Religions na universidade Harvard[2]. Julien Ries é o pensador que fixo popular a expresión "homo religiosus" (o ser humano como ente relixioso)[3], coincidindo co paleontólogo francés Yves Coppens, o descubridor de Lucy (Australopithecus afarensis): « desde o comezo o home é un ser relixioso» [4].

Dirixiu catro coleccións de libros (Homo religiosus, Cerfaux-Lefort, Information et Enseignement, Conférences et Travaux) e é autor de máis de 680 obras, entre libros e artigos, sobre a historia das relixións, a Academia Francesa concedeulle senllos premios en 1986 e 1987[5]. As súas obras completas (opera omnia Julien Ries) están en curso de edición e ten obras traducidas a varias linguas[6]. Tamén é membro do comité de edición do Dictionnaire des Religions [7]

Notas editar