Julian Patrick Barnes, nado en Leicester o 19 de xaneiro de 1946, é un escritor contemporáneo inglés. As súas novelas e relatos foron vistos como exemplos de literatura posmoderna.

Infotaula de personaJulian Barnes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Leicester, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMagdalen College
City of London School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , crítico literario , escritor de ciencia ficción , ensaísta , tradutor , novelista , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoSátira e Ficción detectivesca Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioDan Kavanagh Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxePat Kavanagh (en) Traducir (1979–2008) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjulianbarnes.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0055658 Allocine: 83230 Allmovie: p315662
Bitraga: 1715 Dialnet: 21789 Musicbrainz: 43ba8080-03da-48c4-9fc6-8b2387665400 Discogs: 1480513 Editar o valor em Wikidata

Gañou o Premio Booker - un dos máis prestixiosos en lingua inglesa- no ano 2011 por The Sense of An Ending e foi tres veces finalista dese mesmo premio con Flaubert's Parrot (1984), England, England (1998), e Arthur & George (2005).

Arthur & George (2005), The Sense of An Ending (2011) e The Noise of Time (2018) foron verquidas a galego e publicadas en Rinoceronte Editora: Arthur e George (2006), O sentido dun final (2012), O ruído do tempo (2020). As dúas primeiras foron traducidas por Xesús Fraga e última por Moisés Barcia.

É autor de novela policial baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh.

Traxectoria editar

Despois de estudar na City of London School e no Magdalen College de Oxford, traballou como lexicógrafo para o Oxford English Dictionary. Con posterioridade, traballou como editor literario e crítico de cine.

Vive coa súa muller nas aforas de Londres, onde agora se dedica a escribir a tempo completo. O seu irmán, Jonathan Barnes é un filósofo especializado en filosofía antiga.

A súa axente literaria é Pat Kavanagh, que tamén fixo durante certo tempo de axente do seu amigo de outrora Martin Amis.

Obras editar

A última novela publicada por Barnes, The Only Story, saíu do prelo o 1 de febreiro de 2018.

A listaxe completa de obras ofrécese a seguir. A menos que se especifique o contrario deben considerarse novelas.

Obras baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh editar

  • Duffy (1980)
  • Fiddle City (1981)
  • Putting the Boot In (1985)
  • Going to the Dogs (1987)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar