Julia en la onda foi un programa de radio, estreado en 2007 por Onda Cero e presentado pola xornalista galega Julia Otero.

Julia Otero entrevistando a José Luis Rodríguez Zapatero no seu programa Julia en la onda, de Onda Cero.

Características editar

O programa ocupa a franxa de 16:00 a 19:00. O espazo comeza cun repaso á actualidade xunto ao xornalista Rafael Noblejas e despois, as noticias con humor contadas por Oriol Parreño e Marina Martínez. Ferrán Monegal fai un repaso á televisión.

Julia Otero recupera para a súa última hora unha das seccións máis coñecidas da súa anterior etapa en Onda Cero. Volve 'El gabinete'. No faladoiro só repite Juan Adriansens. O resto son novas incorporacións como Ángeles Durán, Juan Manuel de Prada, Antón Reixa, Montserrat Nebrera, Begoña Aranguren, Xavier Sala i Martín, Espido Freire, Pilar Rahola, Antonio Zoido Naranjo, Jorge Wagensberg, Alfredo Urdaci e Elisa Beni.

Ao principio da tempada, Onda Cero anunciou seccións do programa que non chegaron a concretarse. Por exemplo, a charla de ex que cada quince días ían protagonizar Juan José Lucas e Juan Carlos Rodríguez Ibarra. Tampouco se chegou a incorporar David Trueba e Lorenzo Caprile apenas durou unhas semanas, e en xaneiro do 2008 foi substituído por Manuel Marlasca e unha sección dedicada aos sucesos e a crónica negra (os martes). Álvaro Pombo e Carmen Posadas tan só estiveron un día. Antes do Nadal, incorporáronse como gabineteros dous históricos do programa, como Fernando Sánchez Dragó e Ana Balletbó, aínda que esta última abandonaría o programa antes de terminar a tempada.

Na segunda tempada de Julia en la Onda, saíron do gabinete Alfredo Urdaci, Xavier Sala i Martí e Mª Ángeles Durán e ingresaron Isabel Tocino, que apenas durou un mes, e Jesús Mª de Miguel. Recuperou ademais a sección "El epílogo", que non chegou a callar. Estreouse a sección de humor "La rabiosa actualidad" con David Cervelló, Guillem Zaragoza, Oriol Parreño e Judit Martín.

Na terceira tempada abandonan o gabinete Juan Manuel de Prada, Begoña Aranguren, Antonio Zoido Naranjo e José Antonio Labordeta. O gabinete, en setembro do 2009, está formado por Fernando Sánchez Dragó, Juan Adrianséns, Elisa Beni, Jorge Wagensberg, Pilar Rahola, Jesús de Miguel, Julián Casanova e incorpóranse Celia Villalobos, Alejo Vidal Quadras, Nacho Vigalondo, Inés Ballester e Najat Al Achmi.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar