Julián Mateo Vázquez

guerrilleiro antifranquista galego

Julián Mateo Vázquez, coñecido como Guaje, nado en Montefurado (Quiroga) en 1900, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJulián Mateo Vázquez
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata (123/124 anos)
Montefurado, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGuaje Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Botouse ao monte a principios dos anos corenta. Integrouse primeiro no grupo de Mario de Langullo e despois na III Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia capitaneada por Xosé Castro Veiga con Gregorio Cenitagoya González, José Pardo Rodríguez, Maximino Rodríguez Pérez e Julio Fernández Rodríguez. Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en outubro de 1949 xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.[1]

Detido, foi xulgado en consello de guerra en Lugo o 25 de outubro de 1954 con Antonio Blanco Fernández, Josefa Nogueira González "Pepa", Constantino Readigos Gómez, José Rodríguez González "Gaiteiro", José Rodríguez Álvarez, Leonardo Guerra Alonso "Herrero", José Cid Delgado e o ex garda civil Pedro Domínguez Castaño. Julián foi acusado de participar en varios atracos e nas execucións de Sergio Corzo Vega e a súa muller Aurelia Pérez Gallego, Rogelio Trincado Trincado, José Rodríguez, Antonio Pérez Gallego e Julio Rodríguez en San Paio o 9 de abril de 1947; nas dos falanxistas Domingo Enrique Rodríguez, cabo da Garda Civil, en Boazo e Ramón Crespo Feijoo en Aguil o 15 de xullo de 1947; e nas de Santiago Blanco Gómez e a súa muller Aurea Vicente García en Sesmil o 11 de setembro de 1948. O fiscal solicitou para el a pena de morte.[2]

Notas editar

  1. El Progreso, 5-10-1949, p. 2.
  2. El Progreso, 26-10-1954, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar