Julián Grimau

político español


Julián Grimau García, nado en Madrid o 18 de febreiro de 1911 e fusilado na mesma cidade o 20 de abril de 1963, foi un político español.

Infotaula de personaJulián Grimau

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Julián Grimau García Editar o valor em Wikidata
18 de febreiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1963 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio Civil de Madrid 40°25′21″N 3°38′10″O / 40.422444, -3.636044 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 26106964 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Julián Grimau, dunha familia oriúnda de Segovia de oito irmáns, tivo que abandonar os seus estudos aos catorce anos para axudar ao mantemento da familia. Traballou en varias editoriais e chega a ser subxerente dunha delas na Coruña. Na cidade galega, Grimau asiste a conferencias e interésase pola problemática de Galicia. Chega a estudar o galego­ nunha gramática que lle presta un dirixente da organización autonomista galega ORGA, á que acabou pertencendo. De volta a Ma­drid, e proclamada a II República, afíliase ao Partido Republicano Federal. A partir do 18 de xullo de 1936 a historia da súa vida é practicamente a acta de acusación que o fiscal militar leu no consello de guerra.[1]

Na súa xuventude militou en Izquierda Republicana. Ó estalar a Guerra civil española, ingresou no Partido Comunista de España (PCE). Pasou a guerra en Barcelona, onde se adicou a labores policiais (o seu pai, Enrique Grimau, fora inspector de policía). Ó ser derrotado o bando republicano, exiliouse primeiro en Latinoamérica, en Cuba (onde coñeceu a José Gómez Gayoso)[2] para pasar, posteriormente, a Francia. Foi un dos dirixentes do PCE durante a época franquista. En 1954, durante o congreso do partido celebrado en Praga, foi elixido membro do seu comité central. A partir de 1959 faríase cargo da dirección do partido en España, onde tivo que residir clandestinamente ó longo de varios períodos.

A súa actividade fixo que fose unha das persoas máis buscadas pola policía española. Por iso, moitos investigadores preguntábanse polas razóns da súa misión en Madrid en 1962, que o levaría á morte, cando en palabras dos seus compañeiros de partido estaba excesivamente queimado (é dicir, que a policía lle seguía a pista de preto e era probábel a súa detención). É un episodio que nunca foi aclarado. Algúns antigos membros da directiva do PCE (o escritor Jorge Semprún entre eles) suxeriron que o secretario xeral, Santiago Carrillo, quixo apartalo do aparato de dirección en Francia provocando a súa detención en España.

O proceso de Grimau editar

 
A Dirección General de Seguridad estaba na Real Casa de Correos na Porta do Sol en Madrid. Actualmente é sede da Comunidade de Madrid.

Grimau foi detido en novembro de 1962. A detención produciuse nun autocar no que viaxaban unicamente el e outros dous pasaxeiros, que resultaron ser axentes da Brigada Político-Social (policía política). Obviamente, fora delatado. Foi conducido á Dirección General de Seguridad, situada na Porta do Sol de Madrid, no edificio coñecido como Casa do Reloxo, que hoxe é a sede do goberno da Comunidade de Madrid. Alí caeu pola ventá dende un segundo piso a un vieiro choído, o que lle ocasionou graves lesións no cranio e nos pulsos. Grimau explicou este feito ó seu avogado declarando que nun momento dado da sesión da tortura á que foi sometido polos seus interrogadores, agarrárono e botárono pola ventá, esposado coas mans diante, razón pola cal fracturou a fronte e os pulsos. A policía política, por boca do ministro de Información Manuel Fraga Iribarne, declarou pola contra que Grimau recibira un trato exquisito e que nun momento do seu interrogatorio rubiu a unha cadeira, abriu a ventá e se tirou por ela de forma "inexplicábel" e por vontade propia. Pouco probábel xa que adoitábase esposar o reo á propia cadeira.

Fronte a tódalas previsións, Grimau non foi acusado pola súa militancia clandestina (o que lle valería unha condena no cárcere) senón pola súa actividade durante a guerra civil. Foi a derradeira persoa procesada e condenada en España como consecuencia da guerra. A razón é que, probabelmente, o réxime quixo dar unha lección á oposición nun momento no que existía unha tempada de alta conflitividade social e política.

Grimau foi acusado polo seu traballo como policía durante a guerra civil. Esa actividade, como tódalas exercidas polos membros da administración republicana durante a guerra, era cualificada de delito de rebelión militar. Aínda que o delito se conseguise probar, tecnicamente prescribira tralos 25 anos transcorridos. O tribunal debía probar entón que se trataba dun delito continuado.

En concreto, a Grimau imputábanselle torturas e asasinatos nunha "cheka" (centro de detención político) de Barcelona. Dita imputación, aínda que non foi demostrada no xuízo, fíxoselle tamén dende sectores anarquistas, que o acusan de ser un prominente membro do Servicio de Información Militar (SIM) e de dirixir a represión contra os trotskistas acusados do asasinato do axente do SIM, Leon Narwicz, en 1938. Non parece, porén, que existan probas documentais diso. Ademais, as devanditas fontes sitúan a actividade de Grimau en Madrid, e non en Barcelona.

Grimau foi procesado por un tribunal militar. Case non existían en España militares con formación xurídica, polo que bastaba con que fose avogado o relator ou fiscal, encargado de asesorar os presidentes do tribunal. No caso do xuízo a Grimau, exerceu de fiscal un habitual dos xuízos políticos, Manuel Fernández Martín, que en realidade nunca estudara Dereito e desenvolvía o cargo, coma moitas outras persoas na época, grazas a que podía declarar que os seus títulos "queimáranse durante a guerra" (foi desenmascarado un ano máis tarde, tras décadas de exercicio, e condenado ó cárcere). O defensor era a única persoa con formación xurídica da sala: o tenente avogado Alejandro Rebollo (que sería deputado anos despois), a quen a defensa de Grimau lle custaría o posto.

O xuízo celebrouse nos xulgados militares de Madrid o xoves 18 de abril de 1963, coa sala ateigada de xornalistas. Para Rebollo, o xuízo era nulo de pleno dereito (de acordo incluso coas leis políticas da época e aínda sen saber que o relator era un impostor). Os delitos de torturas non foron probados: as testemuñas da acusación declararon que coñecían os crimes do acusado a través de rumores ou relatos de terceiros que non podían comprobarse. Só estaba probado que, efectivamente, foi policía.

O delito continuado de rebelión era improbábel dado que Grimau pasara máis de 20 anos fóra de España trala fin da guerra e non existían indicios da súa presenza clandestina no país durante ese tempo. O fiscal cortou en numerosas ocasións as declaracións do acusado e do propio avogado defensor, a quen non lle tiveron en conta a súa alegación. Tras pouco máis de cinco horas de xuízo, sen deliberación, ditouse como estaba previsto a condena a morte.

En realidade, o xuízo por "rebelión militar", no que se aplicaba a Lei de Responsabilidades Políticas de 1938, facía previsíbel a sentenza. Este tipo de xuízos sumarísimos en aplicación dunha lei creada especificamente para aniquilar os republicanos non se producía dende os anos inmediatamente posteriores á guerra. No seu período de apoxeo, acababan invariabelmente cunha sentenza de morte, tanto que, a miúdo os bedeis do tribunal permitíanse facer sen reparos unha broma macabra que se fixo famosa: "que pase a viúva do acusado". O fiscal Fernández Martín actuaba con frecuenza nestes xuízos e a súa afección á pena de morte era tamén famosa.

Por outra banda, o Consello de Ministros do 1 de abril daquel ano 1963 aprobara a creación do Tribunal de Orden Público, que pretendía deixar definitivamente a lexislación represiva aprobada no marco da guerra civil. A Grimau corresponderíalle ser xulgado por ese tribunal, que non ditaría pena de morte senón de prisión. Por isto, para asegurarse de que Grimau fora executado, Franco dispuxo que a entrada en vigor da lei se atrasase ata despois do fusilamento.

A presión internacional editar

Precisamente polo inusitado do procedemento, eco dunha guerra que por outro lado o franquismo parecía querer enterrar (comezaban a prepararse os actos dos "vinte e cinco anos de paz"), e porque se esperaba o peor, dende o anuncio dos cargos contra Grimau desatouse unha reacción internacional de protesta e presión sen precedentes en ningún aspecto relacionado con España.

A prensa internacional fixou a súa atención sobre o caso Grimau e producíronse manifestacións multitudinarias en varias capitais europeas e latinoamericanas. Nalgúns portos, os estibadores negábanse a descargar os barcos españois, e máis de 800.000 telegramas chegaron a Madrid pedindo a paralización do que consideraban un xuízo-farsa. A presión non pareceu afectar ó Caudillo, que na súa liña habitual atribuíuna a unha "conspiración masónica-esquerdista coa clase política". Manuel Fraga, en calidade de ministro de Información e Turismo, comezou unha intensa campaña dirixida á prensa internacional atribuíndo a Grimau os maiores crimes.

Trala lectura da sentenza, só cabía a posibilidade de que Franco conmutase a pena por outra de cárcere. Numerosos xefes de Estado puxéronse en comunicación con el para facerlle esta petición, entre eles o papa Xoán XXIII e o líder soviético Nikita Khrushchev, o que tampouco tiña precedentes: era a primeira vez que un dirixente soviético se dirixía oficialmente ó réxime franquista.

Dentro de España, algunhas personalidades próximas ó réxime pediron tamén clemencia. O Consello de Ministros, formado por 17 persoas, reuniuse o 19 de abril. Durou dez horas, aínda que ó parecer só Fernando María Castiella, titular de Exteriores, manifestou a súa oposición á execución da sentenza, alarmado pola presión internacional e as consecuencias que podía ter na política exterior española. A súa oposición foi, porén, máis ben tímida, xa que Franco finalmente esixiu unha votación e a decisión de asinar a sentenza tomouse por unanimidade.

Pasamento de Grimau editar

Julián Grimau, namentres, pasaba no cuartel militar do barrio de Campamento as súas horas de capela, é dicir, as previas á execución da pena, en compaña do seu avogado, de acordo coas ordenanzas militares. Cara ás cinco da madrugada do 20 de abril, trasladóuselle nunha furgoneta ó campo de tiro do cuartel, onde debía executarse o fusilamento. En principio, correspondía á Garda Civil formar o pelotón, pero os seus mandos negáronse a facelo. O capitán xeneral de Madrid evitou tamén que o pelotón estivese integrado por militares de carreira, que era a segunda opción.

Parece ser que foi o propio Franco quen deu a orde de que os executores de Grimau fosen soldados de reemprazamento, e así se fixo. Novos, aterrados e sen experienza de tiro, segundo as testemuñas, dispararon a Grimau 27 balas sen lograr acabar coa súa vida. Foi o tenente que mandaba o pelotón quen houbo de rematar a Grimau de dous tiros na cabeza. Segundo confesou máis tarde á familia do falecido, este acto perseguiulle durante toda a súa vida, ata o punto de que acabou os seus días nun psiquiátrico. Julián Grimau foi enterrado no cemiterio civil de Madrid.

Rehabilitación de Grimau editar

Coa chegada da democracia, a partir de 1975, abríase teoricamente a posibilidade de revisa-lo caso Grimau e o doutras vítimas da ditadura. Con todo, os acordos coñecidos como Pactos da Moncloa supuxeron “de facto” unha Lei de Punto Final e do silencio, da que o PCE foi, curiosamente (porque era quen máis sufrira a represión) o maior valedor.

En termos xerais, procurábase esquecer os aspectos máis escuros do réxime anterior e soterrar definitivamente a memoria da República e a guerra. Nos anos 80, segundo testemuñas de militantes do PCE e de familiares de Grimau, o Concello de Madrid, entón dirixido por Enrique Tierno Galván, do Partido Socialista Obrero Español, propuxo extraoficialmente rebautizar a avenida do Mediterráneo como avenida de Julián Grimau (existen rúas e edificios públicos co nome de Grimau en numerosas cidades fóra de España). O PCE negouse, mostrando así a súa vontade de soterrar o asunto.

Dende mediados dos anos 90, porén, a consolidación da democracia e o tempo transcorrido dende a guerra, ademais do pasamento da maioría dos seus actores (o que facía menos conflitiva calquera referencia á mesma), foi propiciando que se comezase a reivindicar no ámbito parlamentario a memoria e reparación dos represaliados.

Boa parte das iniciativas neste sentido procedían de Izquierda Unida, coalición que integra a un PCE, xa sen a súa antiga dirección e coas bases que a apoiaban moi minguadas. O 15 de abril de 2002 Izquierda Unida presentou unha Proposición no de Ley sobre la rehabilitación pública y democrática de la figura de Julián Grimau, que recibiu os votos en prol de tódolos partidos con representación parlamentaria excepto o Partido Popular, que gobernaba con maioría absoluta.

O PP tiña unha razón dobre para oporse e así o expresou: por principio, é contrario a toda iniciativa política sobre da guerra e as súas consecuenzas ou o franquismo. En segundo lugar, prevía que o debate sobre Grimau tiña moitas posibilidades de converterse ademais nun xuízo público ó ministro que defendeu en tódolos medios de comunicación o seu fusilamento, Manuel Fraga, fundador do Partido Popular e daquela presidente da Xunta de Galicia.

En maio de 2005, Izquierda Unida presentou unha iniciativa similar na Asemblea de Madrid (parlamento da comunidade autónoma), para que dita asemblea instase ó goberno a rehabilitar a figura de Julián Grimau. Esta iniciativa si contou co apoio do PP, que contaba coa maioría absoluta na cámara.

Notas editar

  1. José Antonio Novais (22 de xaneiro de 1978). "Julián Grimau, el último muerto de la guerra civil". El País (en castelán). 
  2. Salgado, Daniel (24 de febreiro de 2023). "Gómez Gayoso, el comunista gallego fusilado en el 48 cuyo hijo preparó la operación del Che en Bolivia". eldiario.es (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar