Juan del Pino Díaz

futbolista español

Juan del Pino Díaz, nado en Santa Cruz de Tenerife o 24 de xuño de 1914 é un exfutbolista canario que xogaba na demarcación de dianteiro.

Juan del Pino Díaz
Información persoal
Nacemento 24 de xuño de 1914
Lugar de nacemento Santa Cruz de Tenerife
Falecemento maio de 1989
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na súa primeira tempada en Vigo, 1940-1941, xogaría 19 partidos anotando 12 goles, porén o equipo so lograría salvarse do descenso ao ampliarse a Primeira División de doce a catorce clubs. Esa mesma tempada o Celta chegaría a semifinais da Copa, quedando eliminado a mans do Valencia CF

No seu segundo ano en Vigo xogaría 24 partidos anotando 22 goles, sendo o segundo máximo goleador da categoría, e rematando o equipo celeste na quinta posición, esta boa actuación serviulle para que Ricardo Zamora, adestrador da Selección española de fútbol, o convocara para xogar contra Alemaña e Italia, pero sen poder chegar a debutar, xogando nas dúas ocasións o valencianista Mundo, pichichi desa tempada con 27 goles.

Na tempada seguinte, a que sería a última no equipo celeste, o Celta repetiría o quinto lugar na clasificación con 15 goles como achega do dianteiro canario. A anécdota do ano ocorreu na última xornada no Metropolitano de Madrid, na que o Celta tivo que poñer a tres porteiros diferentes, tras a lesión do gardameta titular e a expulsión do propio Del Pino que o substituíra.

Dende o Celta foi traspasado ao Sabadell, onde xogaría dúas tempadas, rematando a súa carreira no Lleida.

Del Pino deixaría marca no Celta, como un dos máximos goleadores do equipo vigués en primeira división.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar