Juan de Orduña

director de cinema español

Juan de Orduña, nado en Madrid o 27 de decembro de 1900 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1974, foi un actor e director de cine español.

Infotaula de personaJuan de Orduña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan de Orduña y Fernández-Shaw Editar o valor em Wikidata
27 de decembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , guionista , director de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor em Wikidata - 1973 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0649563 Allocine: 250616 Allmovie: p170354 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado nunha familia de aristócratas, cursou estudos de dereito. A súa carreira artística como actor comezou na década de 1920 na compañía de teatro de Emilio Thuiller, e despois interveu en obras de cinema mudo. A partir da chegada do cine sonoro a súa presenza ante a cámara espáciase, se ben aínda participou en películas con certo renome como Nobleza baturra (1935), de Florián Rey.

Despois da guerra civil española converteuse nun dos cineastas máis prolíficos do momento e tamén nun dos favoritos do público. Na primeira metade dos anos corenta consolidouse como un máis que correcto director de comedias ao gusto da época, como Tuvo la culpa Adán (1944) ou Ella, él y sus millones (1944).

A estética ampulosa e o gusto pola interpretación grandilocuente da historia de España dos primeiros anos do franquismo axiña se apoderaron do espírito do cine da época e pasaron a determinar, en boa medida, o perfil das películas de Orduña. Así, especializouse en dramas históricos que exaltaban os valores patrióticos da España imperial. Nesa época filma Locura de amor (1948), Agustina de Aragón (1950) -ámbalas dúas con Aurora Bautista-, La leona de Castilla (1951) ou Alba de América (1951).

A evolución nos gustos do público levouno ao longo da década de 1950 a un novo xiro na temática do seu cine, e en 1957 rodou El último cuplé, exitoso vehículo para o lucimento de Sara Montiel. Os seus últimos anos adicounos a filmar zarzuelas, un xénero que viviu un certo rexurdimento durante os anos sesenta.

Filmografía como director editar