Juan Tamariz Martel, nado en Madrid o 18 de outubro de 1942, é un ilusionista e humorista español. De gran creatividade e sentido do humor, posúe versatilidade, flexibilidade e imaxinación á hora de facer os seus famosos xogos.

Infotaula de personaJuan Tamariz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Manuel Tamariz-Martel Negrón Editar o valor em Wikidata
18 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCard manipulation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpresentador de televisión , mago , escritor , ilusionista Editar o valor em Wikidata
ProfesoresArturo de Ascanio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosWoody Aragón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0848479 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi discípulo e amigo de Arturo de Ascanio. Caracterízase por ser un personaxe bohemio e cómico con raíces andaluzas. A principio dos 70, funda xunto con outros compañeiros a Escuela Mágica de Madrid. Ten gran recoñecemento no mundo máxico nacional e internacional. Iniciou estudos de Ciencias Físicas e cine na universidade.

Ao longo da súa carreira gañou numerosos premios (o primeiro deles foi o segundo premio no Congreso Máxico Nacional de Zaragoza en 1962). Gañou o Gran Premio no Congreso Nacional de Maxia de San Sebastián en 1972. Tamén se fixo co primeiro premio mundial de cartomaxia.

Actuou en moitos programas de televisión en España, podendo destacar entre outras as súas distintas aparicións no famoso "Un, dos, tres". Tamén foi entrevistado por recoñecidos presentadores, como Buenafuente (Antena 3), Jesús Quintero (El loco de la colina, TVE1). Apareceu en Carta Blanca (TVE2) co seu propio programa.

Ten escrito varios libros, entre os que sobresaen: La vía Magica, Los 5 puntos Mágicos, Sonata e Por Arte de Verbimagia; ademais de numerosos artigos e revistas de maxia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar