Juan Serrano Oteiza

intelectual anarquista español

Juan Serrano Oteiza, ás veces tamén citado coma Juan Serrano y Oteyza; nado en Madrid o 6 de maio do 1837 e finado na mesma cidade no 26 de marzo do 1886, foi un xurista e escritor español, considerado como un dos primeiros intelectuais anarquistas de España.[1]

Infotaula de personaJuan Serrano Oteiza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1837 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo do 1886 (48 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aprendeu do seu pai o oficio de abaniqueiro, mais dedicouse de cheo as actividades militantes e propagandísticas. Inda que hai dúbidas sobor da súa condición de notario, se recollen publicacións súas de carácter legal.[2]

Foi un dos primeiros propagadores das ideas de Proudhon na España e viña,[3] coma tantos outros dos precursores do anarquismo na península, das filas do republicanismo federal. Na súa mocidade formou parte da sociedade La Velada, que foi moi perseguida polos distintos gobernos de Isabel II, e lle obrigaron ao desterro temporal en Valencia e Barcelona, e cando esta se fundiu coa organización Fomento de las Artes formou parte da súa directiva, chegando a ser secretario primeiro. Nesta sociedade coñeceu a Anselmo Lorenzo e foi uns dos máis influentes membros dela, cunha grande difusión das súas ideas entre os demais socios, sobor de todo no que chegaría a ser seu xenro Ricardo Mella.[4]

No 1869 formou parte da sección madrileña da AIT, exercendo como representante dela en distintos congresos feitos entre os anos 1882 e 1885, salientando o seu relatorio no de 1882 na defensa do colectivismo e da presenza pública da Federación contra as teses dos que apoiaban a insurrección.

Dentro da súa labor de propaganda, creou diversos periódicos. No 1872 fundou xunto a Tomás Gónzalez Morago El Condenado e mais logo La Revista Social, considerada a portavoz do FTRE, da que foi director entre 1881 e 1884.[5]

Escribiu moi abundantemente, non soio sobor temas sociais, senón tamén sobor temas xurídicos. Abordou tamén a literatura, o teatro por riba do demais, inda que salientou cunha obra utópica Pensativo, que acadou unha grande difusión e resultou premiado no Primer Certamén Socialista de 1885 en Reus.[6][7]

Obras editar

Periodismo editar

  • El Condenado
  • La Revista Social
  • La Fraternidad
  • El Orden
  • La Silber
  • La Voz de la Juventud

Xurídico editar

  • Gaceta de Registradores y Notarios
  • Anuario del Legislador Español
  • Revista general de legislación y jurisprudencia
  • Manual arancelario (1878)
  • Diccionario de la jurisprudencia administrativa, hipotecaria y notarial (1880)

Literatura editar

  • Cuadros sociales
  • Cupido sin alas
  • Dos mujeres
  • Historia de unas mujeres
  • Miserias de la riqueza
  • Odios políticos
  • El poeta y el mundo
  • La Quinta
  • Quien bien te quiere
  • El problema constituyente (1873)
  • El pecado de Caín (1878)
  • Almanaque para 1883. Biblioteca del proletariado (1882)
  • Moral del progreso o la religión natural (1884)
  • Pensativo (1885)[8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar