Juan Sarmiento Patiño
Juan Sarmiento Patiño nado o 23 de febreiro de 1911 en San Martiño do Porto (parroquia do concello de Cabanas) e finado o 1 de agosto de 1997, foi alcalde de Pontedeume desde 1940 ata 1970.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1911 Cabanas, España |
Morte | 1 de agosto de 1997 (86 anos) |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Logo de cursar os estudos de Bacharelato por libre, preparouse para o ingreso na Escola de Máquinas da Armada. A instauración da II República Española en 1931 impídelle a súa aspiración, xa que logo o goberno republicano pechara a Escola.
Durante o período republicano exerce como mestre interino ata o comezo da guerra civil, na que participa na fronte de Asturias como voluntario no bando dos sublevados. Posteriormente, e tras o paso pola Academia de Suboficiais de León, acadou o grao de sarxento.
O 12 de decembro de 1940 foi nomeado alcalde de Pontedeume. Durante o seu longo mandato ata 1970, o concello mudou profundamente. Logo da súa marcha da alcaldía, o 17 de setembro de 1970, a nova corporación nomeouno Fillo Adoptivo de Pontedeume e deulle o seu nome a un parque da vila, en sesión do 30 de setembro de 1971.
Predecesor: Germán Pérez Baamonde |
Alcalde de Pontedeume 1940 - 1970 |
Sucesor: Celestino Sardiña Fernández |
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Biografía Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. no artigo de Carlos de Castro Álvarez Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume no nº 11 (2004) da revista Cátedra.