Juan Salgado Pérez
Juan Salgado Pérez, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 22 de decembro de 1886 e finado en Cambados o 30 de outubro de 1978,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1886 O Carril, España |
Morte | 30 de outubro de 1978 (91 anos) Cambados, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Ramón Salgado Pérez |
Traxectoria editar
Fillo de Ramón Salgado Betanzos e irmán de Ramón Salgado Pérez. Estudo o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1908. Asentouse en Cambados onde abriu despacho profesional. Foi xuíz municipal de Meis en 1920.[2] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Cambados o 18 de xaneiro de 1924, ocupando o cargo até 1930. Volveu ser alcalde de Cambados durante a Segunda República. Finou en Cambados con 91 anos.
Predecesor: Andrés Quintanilla Alonso |
Alcalde de Cambados 1924 - 1930 |
Sucesor: Manuel Silva Núñez |
Predecesor: Juan Vidal Fraga |
Alcalde de Cambados 1933 - 1935 |
Sucesor: José Manuel Silva Losada |
Recoñecementos editar
Recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort.
Vida persoal editar
Casou con Marina Fariña Gómez e foi pai de Dolores Salgado Fariña.
Notas editar
- ↑ La Voz de Galicia, 31-10-1978, p. 70.
- ↑ Diario de Pontevedra, 9-4-1920, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. p. 196. ISBN 978-84-7680-692-0.