Juan Naya Pérez

xornalista e historiador galego

Juan Naya Pérez, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1914 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1993, foi un xornalista e historiador galego. Entre os seus innumerábeis nomeamentos ostentaba o de Cronista oficial da cidade da Coruña, o de arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, e o de académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, da que tamén foi secretario xeral.

Infotaula de personaJuan Naya Pérez
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1914 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNatalia Castiñeiras Regueira

Traxectoria editar

Foi un home autodidacta que non posuía ningún título académico, mais dunha gran cultura adquirida na lectura dos libros e xornais, e dos traballos dos que se poden considerar os seus mestres: Ángel del Castillo o seu predecesor como cronista oficial da Coruña, Félix Estrada Catoyra, Manuel Murguía, Francisco Tettamancy e sobre todo, César Vaamonde Lores a quen sucedeu como Arquiveiro-Bibliotecario da Real Academia Galega, e foi quen o instruíu desde moi novo en paleografía, epigrafía, heráldica e numismática, pasando de discípulo a colaborador.

A súa carreira xornalística transcorreu en La Voz de Galicia onde levaba a sección de "Hai 50 anos" e outra sobre a vida local de título "Peneirando", cun estilo irónico moi persoal ao narrar as anécdotas locais.

Obras editar

 
Tumba de Juan Naya no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Amais dos seus artigos xornalísticos, algunhas das súas publicacións foron:

  • Murguía y su obra poética (A Coruña, 1950).[1]
  • Inéditos de Rosalía (Vigo, 1953).[2]
  • Una obra desconocida del arquitecto Domingo Lois Monteagudo: el palacio del marqués de Viance, en Bóveda (A Coruña, 1957).[3]
  • Antología y poemas de Rosalía de Castro (Porto, 1958).[4]
  • El traje (Vigo 1964).[5]
  • Noticia histórica de las Galerías coruñesas y relación de arquitectos de la Coruña desde que se creó el cargo hasta el presente (A Coruña, 1965)
  • Relación de los alcaldes propietarios de la Coruña desde 1840 hasta el presente (A Coruña 1975).[6]
  • Testimonios de una orientación artística cartas cruzadas entre Ovidio Murguía y su padre (A Coruña, 1968).[7]
  • Dos misivas de Valle-Inclán a Murguía (A Coruña: Moret, 1970).[8]
  • Los Poetas gallegos y Curros Enríquez (A Coruña, 1969-1970).[9]
  • Recordando al maestro. La arquitectura civil de La Coruña (1970).[4]
  • Calles y plazas coruñesas (A Coruña, 1970[10] e 1975, dous tomos).
  • El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía (A Coruña, 1974).[11]
  • Historia de la ciudad representada en las tallas del Salón Capitular del Palacio Municipal (A Coruña, 1976).[12]
  • Resumen de la Historia de la Coruña (1981).[13]
  • Estudios acerca de la familia Murguía-Castro (A Coruña, 1998).

Outros nomeamentos editar

Era membro, amais das nomeadas e entre outras, das seguintes institucións: Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses, Academia da Historia de San Fernando, Asociación Internacional para o Progreso da Cultura (Roma), Padroado do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, Padroado Rosalía de Castro, Sociedade Martíns Sarmento de Guimarães (Portugal); director da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, Asociación Cultural Ibero Americana da Coruña.

Notas

  1. "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  2. "Inéditos de Rosalía". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  3. Naya Pérez, Juan (1957). "Una obra desconocida del arquitecto Domingo Lois Monteagudo: el palacio del marqués de Viance, en Bóveda". Boletín da Real Academia Galega (321-326): 165–173. ISSN 1576-8767. 
  4. 4,0 4,1 "Juan Naya Pérez". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  5. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  6. "Relación de los alcaldes propietarios de la Coruña desde 1840 hasta el presente". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  7. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  8. "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  9. "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  10. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  11. "Catálogo". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  12. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  13. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
César Vaamonde Lores
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
1946-1993
Sucesor:
Antonio Gil Merino
Predecesor:
Ángel del Castillo
  
Cronista Oficial da Coruña
 
1961-1993
Sucesor:
María de la O Suárez Rodríguez