Juan Navarro Baldeweg
Juan Navarro Baldeweg , nado en Santander (Cantabria) en 1939, é un arquitecto, pintor e escultor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1939 (84 anos) Santander, España |
Catedrático de universidade Universidade Politécnica de Madrid | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - posgrao (1974–) Universidade Politécnica de Madrid - Doutoramento (–1969) Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e Urbanismo |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | arquitecto , escultor , pintor , profesor universitario |
Período de actividade | 1969 - 2016 |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
|
Traxectoria editar
Graduouse en 1965 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) da Universidade Politécnica de Madrid, onde tamén se doutorou en 1969. Entre 1959 e 1960 estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando. Compaxina a súa carreira como arquitecto co estudo e a práctica da pintura e a escultura.
Nos seus comezos profesionais traballou no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota.
En 1974 obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para realizar estudos de posgrao no Center For Advanced Visual Studies do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en Cambridge (Massachusetts), onde foi alumno de Gyorgy Kepes.
O seu traballo arquitectónico relaciónase co dos seus contemporáneos Álvaro Siza Vieira e Rafael Moneo.
É membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Academia Europea de Ciencias e Artes.
Obras destacadas editar
Arquitectura editar
- Casa de la lluvia, Liérganes, España (1978-1982).
- Centro de Servizos Sociais e Biblioteca na Puerta de Toledo, Madrid, España (1985-1992).
- Palacio de Congresos e Exposicións de Salamanca, España (1985-1992).
- Recinto Feiral en Silleda, Pontevedra (1992).
- Museo das Covas de Altamira, Santillana del Mar (1995-2000).
- Centro de Investigación, Museo da Evolución Humana e Pazo de Congresos en Burgos (2000-2009).
Artes plásticas editar
- Instalación Luz y metales (1976).
- Serie Figuras en la copa de cristal.
- Serie Manos.
Premios editar
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Juan Navarro Baldeweg en epdlp.com (en castelán).
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).