Juan Martínez Montañés

artista español

Juan Martínez Montañés, nado en Alcalá la Real (Xaén) en 1568 e finado en Sevilla en 1649, foi un escultor barroco español. Educouse e formouse en Granada. Completou a súa educación en Sevilla, sendo recoñecido como o creador da escola sevillana de imaxinería.

Infotaula de personaJuan Martínez Montañés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1568 Editar o valor em Wikidata
Alcalá la Real Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xuño de 1649 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sevilla (1597–1649) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , pintor , arquitecto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1583 Editar o valor em Wikidata - 1649 Editar o valor em Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor em Wikidata
AlumnosGaspar de la Cueva (pt) Traducir, Francisco de Ocampo Felguera e Juan de Mesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa produción ten características máis clasicistas e maneiristas, que propiamente barrocas, aínda que ao longo da súa evolución artística apuntou formas de realismo barroquizante. A súa obra, estimulada pola súa fervorosa relixiosidade, é case toda de temática relixiosa, con excepción de dous retratos orantes de nobres e algúns encargos específicos.

En 1635 saíu por primeira vez de Sevilla, para ir a Madrid, onde fora contratado para realizar, en barro, o busto do rei Filipe IV, que xunto co retrato ecuestre de Velázquez, serviría como modelo para a estatua ecuestre que executou logo o italiano Pietro Tacca. Tal estatua está localizada actualmente na praza de Oriente de Madrid.

 
Cristo da Clemencia. Sancristía da catedral de Sevilla.

Gozou de gran fama e popularidade. En Sevilla chamábano o "deus da madeira" e en Madrid "o Lisipo andaluz".

Tivo como discípulo predilecto ao cordobés Juan de Mesa.

Obras editar

  • Retablo de San Isidoro del Campo (1609-1613) en Santiponce (Sevilla).
  • Batalla dos Ánxos (1640) en Xerez da Fronteira (Cádiz).
  • Neno Xesús (1606-1607)
  • Inmaculada (1629-1631), coñecida como la Cieguecita.
  • Cristo da Clemencia (1603-1604)
  • San Xerome Penitente
  • Cristo da paixón
  • San Bruno
  • Santo Domingo Penitente
  • San Cristovo (1597)
  • Cristo dos cálices

Véxase tamén editar