Juan Luis Pedrosa
Juan Luis Pedrosa Fernández, nado en Lugo o 8 de febreiro de 1955, é un mariño e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1955 (69 anos) Lugo, España |
Alcalde de Pontevedra | |
1995 – 1999 ← Javier Cobián – Miguel Anxo Fernández Lores → | |
Datos persoais | |
Residencia | Pontevedra |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Fernando Pedrosa Roldán |
Traxectoria editar
Fillo de Fernando Pedrosa Roldán. Foi Delegado en Pontevedra da Consellería de Pesca e Director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Pertence ao PPdeG, partido polo que foi alcalde de Pontevedra dende 1995 a 1999, e líder da oposición do mesmo concello dende 1999 a 2003. Atópase nas listas do PPdeG por Pontevedra do 2007, aínda que non saíu elixido. O 17 de xaneiro de 2012 foi nomeado director da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), organismo dependente do Ministerio de Fomento de España.
Eleccións editar
Nas eleccións do ano 1995, obtivo 11 escanos, que sumados ás dúas actas do partido independente Pontevedra Unida, obtiveron a maioría absoluta fronte aos 7 concelleiros do BNG e os cinco do PSdeG-PSOE.
No ano 1999, Pontevedra Unida non se presentou e, aínda que gañou en sufraxios, empatou en 10 butacas co BNG, que pasou a gobernar xunto cos 5 representantes do PSdeG-PSOE.