Juan Lago Collazo

político galego


Juan Lago Collazo, coñecido como Juan da Ferreira, nado en Paredes (Vilaboa) e finado en París, foi un político galego.

Infotaula de personaJuan Lago Collazo
Biografía
NacementoParedes Editar o valor em Wikidata
MorteParís Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante a República foi secretario da Sociedade de Oficios Varios de Vilaboa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e torturado para que entregase os libros do sindicato. Sobreviviu a unha tentativa de paseo no cemiterio de Ponte Sampaio. Enrolouse no exército franquista e pasouse ao bando leal. Participou na batalla do Ebro. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado nun campo de refuxiados. Enrolouse como tenente nun dos batallóns auxiliares do exército francés. Trasladado á fronte de guerra, foi feito prisioneiro polos alemáns e conducido desde Estrasburgo ao campo de concentración de Mauthausen o 13 de decembro de 1940. Para sobrevivir mudou a súa identidade pola dun compañeiro morto, o cubano Alberto Martínez Sánchez. A finais de 1943 foi trasladado a Ebensee, un campo satélite de Mauthausen. Estivo preso en Mauthausen catro anos e medio, até o 5 de maio de 1945. Logo da liberación do campo foi atendido pola Cruz Vermella e trasladado a París. Despois foi trasladado a Fort de Champigny, un cuartel do exército francés preto de París convertido en fogar de convalecencia. Alí coñeceu a Andrés Campos, un emigrante de Murcia, que o acolleu e lle prestou axuda. Coa colaboración de Germaine, a filla de Andrés coa casou finalmente, preparou os exames de mecánica e conseguiu emprego nunha fábrica. Visitou Paredes en varias ocasións nos anos sesenta.[1] Morreu en París, e as súas cinzas foron depositadas polo seu irmán Ramón no cemiterio de Cedeira.

Vida persoal editar

Casou en París con Germaine Campos en 1948. Tivo unha filla, Vivianne.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 17-8-1966, p. 15.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar