Juan Diego Conde Eguileta
Juan Diego Conde Eguileta, nado en Ourense en 1976, é un artista marcial galego.
Traxectoria editar
Comezou a súa carreira nas artes marciais con judo na infancia, para continuar con taekwondo durante 8 anos. Na Universidade de Santiago de Compostela iníciase na esgrima deportiva no club Compostela Esgrima.
En 2007 coñece a existencia das artes marciais históricas europeas, e reúne un grupo de estudo. Co-funda a Asociación Ourensá de Esgrima Antiga en 2008, onde é un dos instrutores principais. Está especializado na tradición da Verdadeira Destreza.[1]
Impartiu varias clases en encontros da AGEA.[2]
Forma parte da AGEA Editora, onde realiza traballos de edición e tradución.[3]
Desde 2016 pertence á Academia da Espada, escola onde continúa a súa formación na Verdadeira Destreza.
Xunto con Santiago Villar Labarta levou a cabo o estudo e catalogación da colección de espadas modernas do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.[4]
É un dos presentadores do podcast sobre esgrima histórica Diálogos de Acero.[5]
Notas editar
- ↑ "Acerca de nós". AGEA Editora (en portugués). Consultado o 2020-10-21.
- ↑ "Torneo Torre de Hércules: Clases". Torneo Torre de Hércules. Consultado o 2020-10-21.
- ↑ "Manuscrito da espada. Biblioteca da Ajuda 49-III-6(2)". AGEA Editora (en portugués). Consultado o 2020-10-21.
- ↑ Eguileta, Juan Diego Conde; Labarta, Santiago Vilar. "Peza do mes. Museo arqueolóxico de Ourense. ESPADAS MODERNAS séculos XVII ao XX" (en inglés).
- ↑ "Dialogos de Acero". iVoox (en castelán). Consultado o 2020-10-21.