Juan Carlos Navarro

baloncestista español

Juan Carlos Navarro Feijoo, nado o 13 de xuño de 1980 en Sant Feliu de Llobregat, é un ex-baloncestista catalán que xogaba de escolta. Dende 2021 é director xeral da sección de baloncesto do FC Barcelona.

Juan Carlos Navarro
FC Barcelona
Información persoal
Nacemento 13 de xuño de 1980 (43 anos)
España Sant Feliu, España
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Escolta / Base
Cargo Director deportivo
Información da carreira
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 40
Por Washington Wizards
Carreira 19972018
Historial de equipos
FC Barcelona (1997–2007)
Memphis Grizzlies (2007–2008)
FC Barcelona (2008–2018)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2008)
2× Campión da Euroliga (2003, 2010)
MVP da Liga ACB (2006)
MVP da Euroliga (2009)

Traxectoria editar

Nado na localidade barcelonesa de Sant Feliu de Llobregat, súa nai é natural de Meira, na provincia de Lugo, onde Juan Carlos pasaba os veráns na súa infancia.[1]

A maior parte da súa carreira deportiva transcorreu no FC Barcelona, equipo co cal debutou como profesional en 1997, e co que gañou 2 veces a Euroliga e 6 veces a Liga ACB, entre outros títulos. Internacional absoluto coa selección española dende 1999, formou parte do equipo campión do mundo en 2006 e dos equipos campións europeos en 2009 e 2011.

A única tempada na que non xogou coas cores do FC Barcelona foi a 2007-08, tempada na que provou sorte na NBA cos Memphis Grizzlies, convencido polo seu amigo Pau Gasol.

Notas editar

  1. "«En Galicia siempre me he sentido como en casa»". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar