Juan Carlos Merlo

exfutbolista e adestrador arxentino

Juan Carlos Merlo Dopazo, nado en Buenos Aires o 18 de xullo de 1948, é un exfutbolista e adestrador arxentino, de orixe galega, que xogaba como dianteiro.

Merlo
Información persoal
Nome Juan Carlos Merlo Dopazo
Nacemento 18 de xullo de 1948
Lugar de nacemento Buenos Aires
Altura 1,77 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1968–1970 Deportivo Español 29 (5)
1971–1972 Temperley 47 (32)
1973 Independiente 8 (0)
1974 Banfield 17 (2)
1975–1976 Temperley 72 (22)
1976–1977 Deportivo da Coruña 19 (4)
1977 Racing Club 7 (0)
1978 Quilmes 23 (4)
1979 Almirante Brown 21 (6)
Total 243 (75)
Selección nacional
Arxentina B
Adestrador
1981–1982 Temperley
1982 El Porvenir
1983 Sarmiento
1984 Sportivo Italiano
1984–1985 Los Andes
1987–1988 Temperley
1997–1998 Temperley
1999–2000 San Martín de San Juan
2005 Deportivo Riestra
2008 Berazategui
2010 Liniers
2011–2012 Nueva Chicago
2014 Cañuelas
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu na capital da Arxentina en 1948, sendo fillo dunha viguesa e neto dun ourensán.[1] Comezou a súa carreira como futbolista no Deportivo Español da súa cidade natal, pasando despois ao Temperley. Con ese club disputou 47 encontros da Primera B (segunda división arxentina), marcando 32 goles.[2]

Os seus bos números en Temperley atraeron a atención do Independiente, que o fichou en 1973. Co club de Avellaneda xogou por primeira vez na Primeira División e o 26 de abril de 1973 debutou na Copa Libertadores, nunha vitoria por 2-0 sobre o Millonarios colombiano.[3] Aínda que contou con poucos minutos durante a tempada, acabou proclamándose campión da Libertadores da Copa Intercontinental e da Copa Interamericana. A continuación pasou por Banfield, antes de regresar en 1975 a Temperley, onde recuperou as súas boas cifras goleadoras, con 22 tantos en 72 encontros.[2]

En setembro de 1976 chegou a Galicia para asinar co Deportivo da Coruña, adestrado polo tamén arxentino Héctor Rial.[1] Debutou na segunda xornada da tempada 1976/77 da Segunda División, nun partido contra o Cádiz en Riazor, marcando o o primeiro dos dous goles do seu equipo (2-1).[4] Disputou un total de 19 partidos co equipo coruñés, anotando 4 goles. En setembro de 1977 chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato.[5]

De regreso na Arxentina, xogou no Racing Club e en 1978 pasou a Quilmes, co que gañou o campionato de Primeira División por primeira e única vez na historia do club dende a chegada do profesionalismo.[6] Rematou a súa carreira vestindo a camiseta do Almirante Brown de Isidro Casanova.[2]

Tras colgar as botas comezou a súa carreira como adestrador e en 1982 logrou con Temperley o ascenso á Primeira División. Posteriormente pasou polos bancos de Sarmiento de Junín, El Porvenir, Sportivo Italiano, Los Andes, Tigre, Temperley en dúas ocasións máis, San Martín de San Juan, Deportivo Riestra, Berazategui, Liniers, Nueva Chicago e Cañuelas. Máis tarde pasou a traballar como instrutor na Confederación Suramericana de Fútbol.[7]

Palmarés editar

Como futbolista editar

Independiente
Quilmes

Como adestrador editar

Cañuelas

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Merlo: el verdugo del área". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de setembro de 1976. p. 29. Consultado o 7 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Génova, Santiago (15 de outubro de 2020). "Mi maestro, Merlo" (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2022. [Ligazón morta]
  3. "Independiente - Millonarios 1973". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2022. 
  4. "La suerte aliada del Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán) (18835). 14 de setembro de 1976. p. 20. Consultado o 7 de febreiro de 2022. 
  5. "Merlo, rescisión de contrato". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 1977. p. 39. 
  6. "1978. Quilmes, la primera vez". El Gráfico (en castelán). 22 de novembro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2022. 
  7. "La escuela en Conmebol" (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar