Juan Antonio Maceiras

político galego


Juan Antonio Maceiras Barros, nado en 1952, é un médico e político galego do PPdeG

Infotaula de personaJuan Antonio Maceiras
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Alcalde de Miño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría Maceiras Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Chegou a Miño como médico en 1990. Foi director xeral de Saúde Pública (1992-1994). Presentouse ás eleccións municipais de 2003 en Miño encabezando a CIM (Candidatura Independiente Miño) e foi elixido alcalde. En decembro de 2004 ingresou no PPdeG, e nas municipais de 2007 encabezou a candidatura deste partido e foi reelixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde tralas municipais de 2011, tamén con maioría absoluta, até a súa renuncia en xaneiro de 2013.[1]

É xogador de póker online e gañou o Sunday Million de PokerStars dúas veces[2]. A súa filla María Maceiras tamén é xogadora de póker.

Escándalo Fadesa editar

Foi durante os seus mandatos primeiro coma independente baixo a CIM e despois reintegrándose no PPdeG cando Maceiras, que estivera en contra da macrourbanización, deu un xiro no seu discurso e defendeu a construción da urbanización Miño Costa Golf (anteriormente coñecida coma Costa Anácara) promovida por Fadesa e, en 2006, adquirida por Martinsa. Sobre este proxecto, que supuña a creación de 1.200 vivendas e un campo de golf máis en 2010, o Tribunal Supremo declarou ilegal a adquisición dos terreos e condenou o concello de Miño a indemnizar con 25 millóns de euros aos veciños afectados pola expropiación.[3]


Predecesor:
Deogracias Romeu López
  
Alcalde de Miño
 
2003 - 2013
Sucesor:
Jesús Veiga Sabín

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar